Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xaneiro 2012 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Administrador

O Rei, o tangue e o cesto

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 21.01.2012 21:31

Da última convocatoria que se fixera no Rei do Mar quedaran dous puntos da orde do día aprazados: toma-la medida para a enxarcia e encaixar un depósito de combustible máis grande.

Para realizar estes traballos pendentes, o Rei tróuxose dende o morto onde está fondeado ata o Cantiño, ultimamente o noso centro de operacións.

Comprobamos que o baldeo que se lle dera ó barco non durou moito: as javotas fixeron maghas estes días.



http://acddorna.org/blog/upload/pi_javotas.JPG
Salva vai facer unha denuncia



O primeiro traballo foi sacar a tapa do ghuarda-calor, onde vai o motor do barco



http://acddorna.org/blog/upload/pi_caix%F3n.JPG
Descubrindo intimidades


Inda que dende o peirao non se vía, ó lado do motor vai un depósito de combustible cilíndrico que ten unha capacidade pequena, según cren Salva e Lino



http://acddorna.org/blog/upload/pi_buratomotor.JPG
Moito traballou eiquí Claudio¡


Arriba, no peirao, agardaba o novo depósito, dende agora tangue,
arousán dixit.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_tangue.JPG
É de aceiro inoxidábel e pertenceu a unha planadora



Pero o tangue resultou ser máis grande e non cabía por máis que se tentou.

http://acddorna.org/blog/upload/pi_tangue_atascado.JPG
Cálix, Juan e Lino dende o interior





http://acddorna.org/blog/upload/pi_tangue_atascado1.JPG
Non houbo maneira



A partir deiquí comezou unha interesante rolda de intervencións sobre as medidas dos tangues, a súa capacidade e que facer. Ata chegouse a usar calculadoras.



http://acddorna.org/blog/upload/pi_tangue_atascado2.JPG
Mentes pensantes




Dende o peirao escoitábase e tamén opinábase.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_peirao.JPG


Quedouse en conservar o tangue que xa había e ter un bidón a maiores para o caso de facer travesías longas ou remolcadas.




http://acddorna.org/blog/upload/pi_ciclistas.JPG
Ata uns ciclistas que pasaban polo Chufre interesáronse polo que alí acontecía.




Unha vez que o tema do tangue quedou resolto, pasamos a medir os cabos que teñen os paos para encargar os cables da enxarcia. Había que medir dende cada un dos paos, a estribor, a babor, e tamén dende o pao de proa ata o extremo do bauprés.


O encargado de ir ata arriba dos paos foi o noso valente dire, quen embarcou no cesto que leva a pluma do camión de Lino.



http://acddorna.org/blog/upload/pi_cesto_salva.JPG
Se hai que facelo, faise...




Dende abaixo impresionaba


http://acddorna.org/blog/upload/pi_cesto%20salva_popa.JPG
Salva nas alturas, ó carón do pao de popa



Abaixo estaban os encargados de toma-las medidas, tanto a babor como a estribor.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_cesto_abaixo_popa_estribor.JPG
Javi e Juan ó costado de babor



Eiquí tedes a secuencia do paso do pao de popa ó de proa:


http://acddorna.org/blog/upload/pi_popaproa1.JPG



http://acddorna.org/blog/upload/pi_popaproa2.JPG



http://acddorna.org/blog/upload/pi_popaproa3.JPG

Bravo, trapecista¡



Abaixo observaban con atención, non fora ser.

http://acddorna.org/blog/upload/pi_popaproa_abaixo.JPG
Calixto e Juan non perden detalle



A última medida que se tomou foi a que vai ata o extremo do bauprés dende o pao de proa. Houbo que aproxima-lo barco ó canto do peirao.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_baupr%E9s1.JPG
Javi encargouse de fixar o metro





http://acddorna.org/blog/upload/pi_medidas.JPG
Estes son os resultados das medidas



O noso dire pousou felizmente no chan.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_salva_terra.JPG
Só comentou que arriba ía moito frío




Ademais de todo o anterior, Lino e Paco estiveron facendo na tapa do rancho do pao de proa o burato correspondente



http://acddorna.org/blog/upload/pi_rancho_enfogonadura.JPG




http://acddorna.org/blog/upload/pi_rancho_feito.JPG
Así quedou


Ó rematar tódolos traballiños foise co barco botar gas no mesmo Chufre e posteriormente amarrouse ó morto onde se atopa ultimamente, ben protexido por barcos bateeiros.





Coñecimos a un novo veciño do Cantiño que nos veu facer compañía. Só quere mexillóns e un pouco de cariño

http://acddorna.org/blog/upload/pi_mikis.JPG
Mikiños
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

A dorna das mulleres

Categoría: patrimonio
Enviado: 19.01.2012 17:03

Estes días estamos vendo nas noticias a traxedia do cruceiro Costa Concordia e o comportamento moi pouco edificante do seu capitán. Sería bo lembrar, relacionando traxedias, á que tivo lugar hai 91 anos na illa de Sálvora.

O 2 de xaneiro de 1921, de madrugada e cun forte temporal, un barco denominado vapor-correo, o Santa Isabel , que levaba a unhas duascentas sesenta persoas, na súa meirande parte emigrantes rumbo a América, encallou na pedra de Pegar, a uns 150m do faro da illa de Sálvora. O navío partíu en tres e afundíu rapidamente.


http://acddorna.org/blog/upload/Naufragio%20en%20Salvora.jpg
Sinalado cun x, os baixos de Pegar, onde encallou o barco



Debido ó forte temporal, os homes que saíran a faenar non voltaran e resgardáranse no continente. Na illa ficaran maiormente nenos, mulleres e vellos. Cando se decataron da traxedia, tres humildes dornas polbeiras fixéronse ó mar: unha para avisar no porto de Ribeira e as outras dúas para ir ó rescate das vítimas.

Tres mulleres foron nunha desas dornas e, bogando nunha noite endemoniada durante varias millas, rescataron a unha ducia de persoas. Fixeron un total de catro viaxes.

O balance daquela traxedia foi de 213 persoas mortas e 53 supervivintes.



http://acddorna.org/blog/upload/hero%EDnas%20de%20s%E1lvora.jpg
As heroínas de Sálvora: María Fernández, Josefa Parada e Cipriana Oujo. Tiñan 14, 25 e 16 anos


Nesta ligazón tedes un fermosísimo e documentado relato dos feitos escrito por Luis Teira e publicado no nº 4 da revista Ardentía.


Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()

Tarde de limpeza e navegación

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 15.01.2012 19:44

Despois dunha semana anticiclónica, o sábado amenceu nubrado e frío. Pero o equipo de traballo do Rei do Mar non se acovardou por iso e alá foron chegando ata o Cantiño uns quince operarios para unha xornada de limpeza.


O primeiro de todo foi ir á bodega e baleirala sacando fóra os empanetados. As panas ían ser lavadas e as moquetas, mantas e alfombras que axudaban a manter húmida a madeira do barco, ventiladas.



http://acddorna.org/blog/upload/limp_rampa.JPG
A rampa serviunos de campo de traballo


No interior, a sentina tamén ía ser lavada a conciencia por Uxío e Javi



http://acddorna.org/blog/upload/limp_sentina.JPG
Limpando a sentina



Pouco a pouco o traballo ía especializándose.



http://acddorna.org/blog/upload/limp_juan_panas.JPG
Juan dáballe á vasoira enxaboada


http://acddorna.org/blog/upload/limp_moqueta.JPG
Susana encargouse de airear as alfombras


http://acddorna.org/blog/upload/limp_baldeado.JPG
Manolo e Malena baldearon a cuberta



http://acddorna.org/blog/upload/limp_javi.JPG
Javi reencontrouse co Rei





http://acddorna.org/blog/upload/limp_salva.JPG
Salva co taladro para instalar unhas escadas


Os ferros dos que vos falamos xa estaban colocados nos costados do barco. Para a semana poñeranse os estais e os obenques . Calixto apuntou a diferenza entre estas dúas enxarcias. Queda anotado.


http://acddorna.org/blog/upload/limp_ferros.JPG
Detalle de un dos ferros


Houbo tamén limpeza no rancho de popa e ademais Lino andivo a preparar trastes para as enfogonaduras. Sobre dúas horas
durou a xornada de traballo.

Ó rematar, navegamos un cachiño ata case tocar a punta de Campelo.


http://acddorna.org/blog/upload/limp_tra_popa.JPG
Esta era a tripulación que ía a popa




http://acddorna.org/blog/upload/limp_tra_proa.JPG
Esta, a de proa


Xa en terra, Salva mostrounos os planos do Rei e puidemos ver a fasquía que ten o velame.




http://acddorna.org/blog/upload/limp_plano_rei.JPG
Impresionante no plano, na realidade imaxinade





http://acddorna.org/blog/upload/limp_plano.JPG
Por suposto, houbo parladoiro


Tal como comentou Andrea, o Rei avanza a todo trapo.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Unha viaxe á Illa dos mortos

Categoría: patrimonio
Enviado: 14.01.2012 19:13

Este é o título dun breve documental elaborado por Manolo Gago, o mantedor do blog Capítulo 0, lugar de visita imprescindíbel para aquelas persoas interesadas no patrimonio galego.

Por suposto, a Illa dos Mortos, está na Arousa. Gastade uns minutos en velo, porque vale a pena.

http://acddorna.org/blog/upload/areoso.jpg
Unha imaxe-pista procedente do bló Capítulo 0

E se queredes saber máis, lede esta entrada no bló A pedra do encanto, de Beatriz Comendador, arqueóloga de Vilagarcía.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 123
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 28.01.2012 08:18 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous