Arousa

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

Regata Meloxo IV: a volta.

Categoría: regatas
Enviado: 21.09.2009 17:16

Despois da merenda (que sardiñas, que xurelos!), tocou voltar para a Arousa. Algunhas dornas viaxaron no bateeiro de Carterola. Outras voltamos remolcadas pola Forza R. Saimos coa caida da tarde.

http://acddorna.org/blog/upload/regata_meloxo_fim2.jpg

Alberto e Parada guiaban a recua...

http://acddorna.org/blog/upload/regata_meloxo_fim3.jpg

O sol pouco nos acompañou na viaxe.


http://acddorna.org/blog/upload/regata_meloxo_fim6.jpg

Dando remolque á Noelia e á Mimela.

http://acddorna.org/blog/upload/regata_meloxo_fim8.jpg

Baixando paus (e Larri achegándose para axudar na Jaivota).

A fotógrafa perdeu as gafas de ver nas augas de Porto Meloxo. Mentres Uxío agardaba pola seca da noite para recuperalas (e recuperounas!) as fotos ían saindo cada vez peor.

http://acddorna.org/blog/upload/regata_meloxo_fim9.jpg

Viaxe no solpor visto desde a miopía. Sálvora agardaba ao fondo.

Sendo noite pecha chegamos ao Bao. Saíramos doce horas (e catro mensaxes) antes. Despois de fondear as dornas e recoller aparellos, aínda fomos até o concerto dos Komairas, antes de prepararnos para a saída a Sálvora.

http://acddorna.org/blog/upload/regata_meloxo_fim10.jpg

A terceira idade tomándolle algo no Con do Moucho.
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()
marujo
22.09.2009 18:23
Non lhe dés tantos bicos ó patronsinho, que sei de unha que igual se che cela.... inda que parezca que non se inmuta.
22.09.2009 13:01
...e por certo que a outra parte da terceira idade (os Forsa R) comeunos con pataquiñas no último tramo da reghata, así que... queda todo dito, vaia!
22.09.2009 12:58
Parte da terceira idade palmeou Meloxo enteiro para atopar as lelas, así que podo afirmar que está en mellor forma que unha, onde vai! Polo demáis, grazas de novo polas crónicas, son impagábeis. E o de emprestarlle a cámara a Camba xa me parece actividade de alto risco, a ver con que fotos nos deleita...
bea
22.09.2009 08:40
a volta no mexilloeiro foi fermosísima, co sol escondéndose e unha luz....
a boa compaña tamén fixo moito.
bicos ó meu patronsinho
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 31.07.2010 19:32 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous