Arousa

PRÓXIMO FINDE, VILAXOÁN E PAUS

Enviado: 10.11.2009 19:57

Como xa comentamos, este próximo venres e sábado (13 e 14 de novembro) convócase ós socios que poidan vir para unha gran movida:
Por un lado traer os barcos grandes e dornas para a escola e, para o sábado pola mañá, ir cortar os paus para o galeón.

O venres sería ás 16:30 en Vilaxoán e o sábado ás 8:30 AM no Bao. Esta hora tan intempestiva débese a que temos que ir coa lúa e coa marea.

Precísase un mínimo de 15 persoas para o tema dos paus polo que o que poida vir mande un sms a Salva confirmando asistencia (ok venres, ou ok sábado)




http://acddorna.org/blog/upload/salvora_pinheiros2.jpg


Traede roupa de augas xa que o tempo pinta mal para ese días.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.02.2010 09:21 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous