Arousa

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

O galeón de Abelleira

Enviado: 10.12.2009 15:56

O vindeiro sábado 12 vai ter lugar en Abelleira a presentación en sociedade do proxecto de recuperación do chamado Galeón de Abelleira. Ben sabedes que o devandito galeón atópase no asteleiro de Mougán en Arousa xunto o noso Rei do Mar, compartindo madeiras, serruchos e ai! ... aixolas.
O que non compartirán é a bañeira. Parece que o grupo de traballo decidiu non poñe-la despois de deliberalo.

Aquí, no blog dos nosos ben queridos compañeiros de Abelleira, tendes tódala información sobre o tema. Se podedes ir non volo perdades.

Iste é o cartaz do evento:
http://acddorna.org/blog/upload/definitivoweb-212x300.jpg
E os galeóns voltarán navegar polas nosas rías.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 31.07.2010 19:33 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous