Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

Asemblea da ENT Dorna II

Categoría: escola
Enviado: 20.01.2010 15:02

O pasado sábado celebramos a anunciada Asemblea da ENT Dorna, coa participación de máis de 35 persoas.

http://acddorna.org/blog/upload/asemblea_ent_dorna_janeiro.jpg
Ambiente da Escola de Pau o sábado pasado.

Na xuntanza tratamos os seguintes temas:

1.FGCMF. Informe do Presidente Vítor Fernández: presente e futuro da Federación.

Vítor e Braulio contaron para as presentes a situación actual da Federación, cumprindo así coa intención de achegar o traballo da FGCMF a todas as entidades (máis de 40) que a integran: a última mudanza de Xunta Directiva (primeira na que se apresenta unha candidatura), na que o noso representante é Uxío; os cometidos da Federación, entre os que destacaron o logro da redución das taxas portuarias para as embracacións tradicionais nos pantaláns dependentes de Portos de Galicia, por exemplo.

2. Informe situación e estado de contas do Rei do Mar.

Era un dos pontos estrela da xuntanza e a causa orixinal da mesma: o Rei do Mar precisa máis fondos dos previstos inicialmente. A obra está parada e Dorna debe máis da metade do traballo de carpintaría, pois se fai efectivo o pagamento xa, ficaría a entidade sen liquidez en agarda dos cobros que ten pendentes (axudas, contratación da película Mar Libre, etc.) polo que son tratadas propostas de solución a este problema económico no ponto 3.

3. Proposta de creación da figura de Socio Colaborador para o Rei do Mar.

Os membros da Directiva da Escola propuxeron a creación da figura de Soci@ Colaborador/a, que tería as seguintes condicións:
-Faríase unha aportación económica con carácter de préstamo sen interés e a longo prazo, aportando un mínimo de 100 euros.
-As aportacións terían carácter confidencial e serían, por suposto, voluntarias.
-A aportación económica non implicaría ningún tipo de avantaxe ou beneficio especial con respecto ás actividades do galeón.
-As aportancións serían devoltas amedida que a asociación fose cobrando as axudas coas que conta para rehabilitar o galeón ou cando o Rei do Mar comece a xerar ingresos.

Fernando propuxo outra alternativa: a solicitude dun préstamo bancario que financie incluso o final da obra e que sería amortizado, en agarda desas axudas e ingresos, cunha derrama extraordinaria por parte das persoas asociadas á Escola.
Consideraba que a avantaxe desta opción era que os socios notaríamos menos nas nosas economías aportar 10 euros mensais, por exemplo, que unha aportación repentina de máis cantidade. Ademais, o préstamo permitiría rematar toda a obra do galeón e facelo funcionar antes.

A proposta de Fernando tivo un apoio xeral, contando con persoas dispostas a avalar a solicitude de préstamo.

Decidimos levar a proposta á Xunta Directiva da ACD Dorna e consultala con todos as persoas asociadas á ENT (encárgarase disto Salva), para tomar a decisión definitiva nunha próxima xuntanza.


4. Varios.

Como ponto final, debatemos a proposta de apresentar a Candidatura da Arousa como sé dos próximos Encontros de Embarcacións Tradicionais. A proposta tivo apoio maioritario.


Acabada a xuntanza, por suposto, fomos tomar algo todos xuntos ao Ribeirán, que está moi ben iso de vernos no inverno
:D .
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
Xocas
21.01.2010 10:14
Estas son noticias importantes.
Eu non puiden asistir, pero a idea do prestamo a min tamén me parece adecuada.
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.09.2010 10:19 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous