Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

TEMPORAL SEN PREAVISO

Enviado: 20.01.2010 18:39


O pasado temporal, imprevisto para a maioría, tamén se cebou coa nave de Vilaxoán: a desfeita foi grande. No lugar da exposición houbo moita avaría que se engade á que xa de por si había. Isto supón un risco xa que todavía hai que mamar algún temporal máis


Eiquí algunhas testemuñas do desastre:

http://acddorna.org/blog/upload/desastre1.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/desastre2.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/desastre3.JPG


Como vedes hai novos buratos no tellado:

http://acddorna.org/blog/upload/entrada1.JPG

Afortunadamente as dornas non sufriron avaría

http://acddorna.org/blog/upload/entrada3.JPG


Dúas portas non aguantaron a embestida:
http://acddorna.org/blog/upload/porta1.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/porta2.JPG


Foi milagroso que non houbera danos na exposición ou nos barcos:

http://acddorna.org/blog/upload/temporal1.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/temporal2.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/temporal3.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/temporal4.JPG


Xa estamos en conversas cos amos da nave para comezar a reparación, e co concello de Vilagarcía, polo que esperamos continuar coa exposición.

Pero outras dornas non tiveron tanta sorte

No Xufre esa horas de temporal foron dramáticas para moitos mariñeiros e bateeiros. Moitas bateas e embarcacións sufriron grandes estragos.

Tamén algunhas dornas foron batidas sen piedade contra o paseo. Unha delas a Sobrada da asociación Fasquía:

http://acddorna.org/blog/upload/SOBRADA3.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/sobrada1.JPG


Outra, a antiga Madrileña, hoxe Marilena:

http://acddorna.org/blog/upload/MRILENA.JPG

Este un "siniestro total", a Juanita:

http://acddorna.org/blog/upload/JUANITA.JPG

A todos as nosas condolencias e desexamos a pronta recuperación das que sexa posible.
Permalink Comentarios (7) Trackbacks ()
25.01.2010 14:22
Como din pola miña terra: É unha merebilla con vós! Aqui andamos para botar unha man (ou dúas, ao pescozo) en canto convoquedes ao batallón a toque de corneta... ou de ghaita, tanto ten!
25.01.2010 12:57
o espazo expositivo á quedar ben, tod@s xunt@s... WE CAN....YES YES YES
24.01.2010 15:29
Non paras, Uxío. Contigho non hai desánimo. Así dá ghusto colaborar. Xa contarás. Grazas.
Uxío
24.01.2010 12:44
A nave ficou mal parada, bem o sei, mais o trabalho de campo está feito, mantidas conversas e reunions con Manuel Vasques, alcalde da Ilha, Luis Recuna, um dos donos da nave, Marcelino Abuin, concelhal de urbanismo e patrimonio de Vila García, e Xavier o xefe do grupo de albaneis ó que se pidiu un presuposto dos danos a reparar. Tudo esto está feito e o resultado de tudo este tempo vamos miralo proximamente. Mantereivos informados.
Xocas
21.01.2010 10:11
Non quería preguntar, pero a min xa mo daba o corpo :-(
Dorna
20.01.2010 22:47
A exposición inaugurarémola contra vento e marea, nonsi?.
A nave cumpre reparala entre todos. É o lugar ideal por espazo e historia para o invernío das embarcacións. Son optimista e penso que entre tódalas partes implicadas recuperarémola.
20.01.2010 22:20
Diosss!!! pobres Sobrada e Marilena. Que magoa.
Tamén que magoa o da exposición coa ilusión que tiña o seu carónr.
A ver si se pode recuperar o espazo e poñer hora para ir a arranchar.
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.09.2010 10:08 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous