Enviado: 08.03.2010 18:20
En Arousa, como en todos os lugares, os vellos gostan de falar entre eles para contarse as historias e arranxar o mundo. Estes grupos xúntanse ó carón do mar e ó abrigo do vento que nese momento sopre: así hai un eitón na Abilleira, outro no Campo, no Cantiño...
O sábado, ó ir á Abilleira polo bote, descubrimos que o eitón desta praia quere ser un parladoiro e así estaba á saída da rampa:
E que si hai ganas, nin concello nin deputación. Ata serviu de acubillo para algún mariñeiro nestes días de temporais...




http://www.vieiros.com/opinions/opinion/1134/un-sonar-no-mar-da-tranquilidade