Enviado: 13.07.2010 22:11
No Bao hai actividades para todos os gustos. Unhas navegamos, outros dan clases, outros triangulan e triangulan para practicar...
...E outros poñen a punto embarcacións para que todos e todas as gocemos. Hoxe tocou preparar unha verga nova para a Irmandiña. Non é que a outra estivera mala (que lle pregunten aos de Lira...), senón que temos vela nova para a dorna máis grande.
A mesa de traballo encheuse de taladros, serras caladoras, cepillos, cables, xente, e nese revoltallo, foi saindo a cousa. De verdade que foi saindo!

Cepillando a ximelgha para que encaixe na vergha.
O das gafas de sol non é chulería de machotes: é para evitar serraduras nos ollos. Cumpridores que somos coas normas de seguridade laboral.

Ultimando as entallas.

Tomando medidas.

A vergha é un pau de dorna reutilizado: aforradoriños!
Como podedes comprobar, non invadimos o carril-bici. Realmente somos uns mixiricas: ese carriliño non incomoda nada o traballo da ENT Dorna. Se estamos como queremos...



