Enviado: 15.07.2010 19:53
Celebrouse unha nova edición de Muros mira o mar desta vez a sexta, un ano despois do exitoso Encontro de Embarcacións Tradicionais. As datas foron do 8 ó 12 de xullo e inda que non se poden comparar coa magnitude dos Encontros, son unha forma de reunirse e navegar aquelas embarcacións que poideron achegarse ata Muros.
Un dos barcos que estiveron presentes foi a xeiteira A Canle dos compañeiros de Lira. A mañá que nós chegamos tiveran un percance:a vergha quebrou na travesía dende Lira a Muros.
A vergha rompeu por varios sitios debido a que estaba moi seca (velaí a importancia de ter os barcos en contacto co mar)
Pero alí estaban Brea ( carpinteiro da canoa Ostreira de Abilleira)e Uxío, que cun eucalipto remediaron o problema.
A Javiota, xunto coa Laranha e a Bandalha tamén foron a Muros. Eiquí está a chegada da Jaivotiña con Parada a bordo.
Mentres a vergha da Canle comeza a tomar forma.
Na vila, coa experiencia que da un acontecemento como os Encontros, os muradanos/as volveron a engalanar as súas rúa e escaparates con motivo da festa mariñeira.
Maniquíes-marinheiros
Había espectáculos de rúa como un Home-trompo que alucinaba velo.
O venres día 9, no centro cultural, os organizadores convocaron a unha charla sobre un tri-tema: a Federación, a creación da ENT e máis os museos sobre o mar. Alí estaban para falar Víctor, Uxío e Pablo, presentados por Sendón.
A tarde era calorosa e non invitaba a encerrarse, inda así había asistencia.
Xa no sábado había expectación pola nova vergha da Canle, que tal iría?
A Ostreira da Abilleira saíndo do porto de Muros.
A xeiteira de Lira e a canoa de Abilleira, elegantes e fermosas.
A buceta de Muros, lembrades a súa botadura nos encontros?
Bea e Laura na Javiota con Uxío no pantalán.



