Enviado: 16.07.2010 22:05
Como xa vos contamos neste blogue, na ENT Dorna decidimos que os xoves, wendi gurú mediante, sairíamos a navegar nas embarcacións grandes, sempre e cando xuntáramos tripulacións suficientes.
E así, onte, saímos na dorna Irmandinha, na lancha xeiteira Nova Marina e na dorna de tope Peça de Rabo. E aínda dou para que o bote polbeiro Rebelho nos acompañase un pouco.

A Irmandinha probou a vela nova, a vergha nova e a estampa de popa nova.

A Peça de Rabo probou a pintura nova.
Como había algo de vento, e era o primeiro día de saída, e andabamos a probar tantas cousas novas, collimos rises en todas as embarcacións, de un a catro según a valentía (ou temeridade) dos patróns.

A Peza de Rabo con tres rises cara a illa de Rúa.
A tarde deu para achergármonos á Pobra, voltar polo faro do Seixo e regresar ao Bao. Había quen quería chegar a Rúa, pero ao final non chegou.

Pasando na Nova Marina por Punta Cabalo.



