Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

TRABALLIÑOS ME DADES (Patróns dixit)

Enviado: 18.07.2010 09:16

O sábado 17 era o día da Regata dos Faros en Ogrobe, mais as previsións facían temer o que xa acontecera coa regata da Volta a Arousa: a suspensión da mesma.
Con tanto suspenso vannos quedar moitas para setembro e a ver como facemos.

Como o aviso chegou cedo, e para non desaproveita-lo día, a correr decidimos aparella-los barcos grandes e poñer proa a Vilaxoán, a súa festa das Revenidas,e deste xeito encararnos con ese vento nortón que ándanos a catear.

http://acddorna.org/blog/upload/Cara%20o%20norte%202.JPG
Os barcos encarándose co Norte

Saímos coa Irmandiña, a Peza de Rabo e a Xeiteira. Uxío, Larry e Parada foron os patróns.
Valentes somos, mais non incautos: collimos 1,2 e ata 3 rizos.

http://acddorna.org/blog/upload/Rizos.JPG
Os rizos ao vento.

Segundo avanzábamos millas o vento foise quedando, agás algún que outro refacho, e decidimos desmarra-los rizos e navegar con toda a vela.
Malpocada da Irmandiña! Co seu fermosísimo pano novo ao ar, "... nun refacho asubiante ...tronza o pao, as cordas estalan ( unha moza cae a iauga)e un instante ábrese a vela e cai a plan no mar ..."

http://acddorna.org/blog/upload/Ao%20rescate.JPG
Ao rescate da Irmandiña do pao tronzado achegámonos a Peza de Rabo e a Xeiteira.

Botóuselle un cabo para remolcala e maniobrando decidiuse que, embarcada a tripulación nos outros barcos, quedara amarrada a unha batea.

http://acddorna.org/blog/upload/a%20todo%20trapo.JPG
A Irmandiña canda a Peza de Rabo, a todo trapo, pouco antes de tronza-lo pao.

http://acddorna.org/blog/upload/Remolcando.JPG
A Irmandiña remolcada pola dorna de tope

http://acddorna.org/blog/upload/Amarrando%20a%20batea.JPG
Maniobrando para amarrala á batea

http://acddorna.org/blog/upload/Embarcando%20na%20Peza.JPG
Parte da tripulación embarca na Peza de Rabo, o resto na Xeiteira

http://acddorna.org/blog/upload/Relato%20dos%20feitos.JPG
Patri mollada pero contenta, relata o acontecido

O balance do siniestro foi:
Unha persoa mollada leve ("a auga estaba boísima", declararía máis tarde)
Seis tripulantes totalmente secos.
Un patrón cabreado.

http://acddorna.org/blog/upload/O%20pao%20tronzado.JPG
O único ferido: o pao tronzado.

Con iste historial aventureiro, dúas das tres embarcacións que saíron do Vao entraron no porto de Vilaxoán para dar conta das tan desexadas sardiñas e facer un pouco de festa.

http://acddorna.org/blog/upload/Comendo.JPG
Merecémolas

Despois de comer e cantar regresamos aos barcos e deixamos a tripulación da Irmandiña disposta a colocar a vela a cruz na súa ferida embarcación. A pericia dos patróns fai que as cousas funcionen malia as adversidades.


http://acddorna.org/blog/upload/Gabeando.JPG
Para colocar a vela a cruz o patrón tivo que gabear polo pao.
O resto da tripulación animábao:
"Estamos contigo, patrón! ... eiquí embaixo"


Cónstame que Bea ten fotos da fasquía da Irmandiña coa vela a crus. Todo un espectáculo. Esperámolas ver.


http://acddorna.org/blog/upload/P1020419.JPG
A Irmandiña coa vela a cruz
(Á espera doutras fotos non teño outra mellor)

A empopada levounos "costa abaixo" ata casiña. O vento do norte tamén sabe portarse.

http://acddorna.org/blog/upload/No%20vao.JPG
Todos agarrando o amarre no Vao.

http://acddorna.org/blog/upload/Restos%20do%20pao%20tronzado.JPG
Bea móstranos o resto do pao tronzado

Boé, ao final houbo baño na praia e sandía na escola, sen esquecer o bocata-patrimonio inmaterial que nos amañou Lois.
Pasamos traballos, mais pasámolo ben.

Hai moitas fotos. Se temos sitio no Picasa, alí estarán. Atent@s.

E para que ninguén quede preocupado, aviso ás familias e outros amores:
NON PASAMOS PELIGROS. SOMOS ASISADOS. LEVAMOS OS MELLORES PATRÓNS
Permalink Comentarios (12) Trackbacks ()
bea
07.08.2010 10:20
revisando e ordenando fotos (que si, que si, que a subo ao picasa cando teña tempo), decateime dun pequeno detalle.
este día levei case todo o tempo a caña en non pasou nada.
foi collela uxio,e hala, pau tronzado.
é que a este home non se lle pode deixar nada. acaba con todo!
22.07.2010 00:21
Este sábado o Clube Mariño Salnés, que forma parte da FGCMF, tiña organizada unha varada en Santo Tomé, sabedes que tal estuvo o conto? Disque era a base de sardiñas, viño e concerto de Treixadura
20.07.2010 10:07
aiiii, por gabear polo pau arriba algúns xa non saben que inventar...
19.07.2010 17:48
nom se vos pode deixar sozinhas!!!

gud aftenun!
andreia
19.07.2010 14:16
bautisada estás, ló...
Xocas
19.07.2010 13:40
Coa vela á crus parese a de Colón!
Os do Jrove volven ter rasón, coa Irmandiña podemos ir a América :-)

19.07.2010 10:46
merghulladura quería disir
19.07.2010 10:45
toca unha mergualladura por ano...e xa van alá dúas!
andreia
19.07.2010 10:35
O neno das pinas, mais uma vez... o patrón está en boa forma, diso non hai dúbida. A ver se nos miramos esta semana, contro!
Dorna
19.07.2010 10:29
O Uxío é.
Patroneaba a Irmandiña.Tocoulle.
19.07.2010 09:58
Na foto non se aprecia ben, mais o patrón que ghabea é o Uxío???? Ai meu pobre...

Xocas
18.07.2010 18:40
Que rasón tiñan os do Jrove!
Vaia aventura para contar cando seades velliños, eh! :-)
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 06.09.2010 00:54 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous