Enviado: 28.07.2008 22:48
Vintecinco de Xullo, día de Galicia no terceiro da travesía pola ría en embarcacións tradicionais.
O día ameaza chuvia ás 10:00 da mañá en Vilanova, onde os barcos están amarrados. Meu dito, meu feito. Unha chuvia miúda pero mollenta acompañou ao vento sur que nos levou ata O Grove, final desta singradura. Mollados pero contentos, a valente expedición amarrou as embarcacións e despois, uns en cuberta e outros a cuberto, deron conta da comida a bordo dos barcos, entre aparellos e velamen.
Máis tarde viría o aloxamento, o lecer e o descanso.
Aparellando os barcos en Vilanova para saír cara O Grove
Maniobras de atraque ao chegar a O Grove
Arribada do galeón ao porto de O Grove
Tempo de descanso: comida a bordo.
Tra-la cea, organizando a seguinte singradura.



