Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

Dornas do mundo

Categoría: fotoló
Enviado: 22.07.2010 19:40

Na ENT Dorna vén de ser organizado un grupo de investigación. O seu obxectivo é pesquisar a presenza de dornas no mundo, localizalas e incorporalas a unha base de datos coa finalidade de confirmar (ou non) as teorías carcamanas sobre a orixe desta embarcación.
Porque, a diferencia das teorías de Staffan Morling, na Arousa estamos convencidos de que foi aquí (e non nos países nórdicos ou Esposende), onde a dorna foi inventada.
A súa fasquía e sistema de construción foi levado polo mundo fóra polos atrevidos e intrépidos mariñeiros da Arousa, e non traidos aquí polos normandos.
A primeira parada da pesquisa é outra illa atlántica, a británica, onde a nosa enviada especial deu cos primeiros e exclusivos vestixios:

http://acddorna.org/blog/upload/norwich2_dornas1.jpg
Un da Arousa navegando cara o norte (aínda andabamos coa vela à cruz).

http://acddorna.org/blog/upload/norwich2_dornas2.jpg

Típicos carcamáns invadindo Norwich en embarcación de escarva.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
bea
25.07.2010 03:20
pero mira que tés conto, marisusi
Dorna
23.07.2010 17:07
Dear Susy, how are you?
Xa vemos que nos botas moito de menos pois non levas unha semana eí e xa empezas a ver dornas e arousáns ata no Támesis.
Esperamos que o pases o millor posible e aproveites ben a estadía e o curso, pois estamos pensando en presenta-las solicitudes de subvencións en inglés, a ver se así nos entenden na Consellería.
Kiss of all from Arousa Islands. ;)
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 06.09.2010 00:11 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous