Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

AS PRÉSAS, MALAS CONSELLEIRAS

Categoría: escola
Enviado: 28.07.2010 19:54

Nunca foron boas as présas, e menos cando se trata da reparación dunha dorna como a nosa Irmandinha. Despois de tronzar o pao cando se dirixía a Vilaxoán o 17, rapidamente acadouse un pao en Boiro. Pero estaba moi seco e houbo que chimpalo ó mar este luns pasado, xa que ía abrindo cada vez máis. Todo isto para telo preparado para a xuntanza de galeóns de Vilanova, á que finalmente chegou co pao arbolado, inda que non navegou, por seguridade. Iso si, acompañou ó Rei do Mar ,con toda a súa dignidade, no peirao de Vilanova.


Eiquí tedes un video da saída que se fixo para a comprobación do ESTADO DO PAO

http://acddorna.org/blog/upload/irman.JPG
Preme na foto da "Irmandiña"

O vento que facía dificulta a escoita das conversas, pero si que se aprecia a bronca de Uxío por non levar chalecos
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
30.07.2010 00:16
Normal, despois do traballiño que lle custou "conseguir" os chaleques, haberá que levalos... O de poñelos será outro cantar...
andreia
29.07.2010 10:28
Non se escoita nadiña, pero entendo a bronca de Uxío. Co fungada que vai a Irmandinha non so precisaríades chaleque, mesmo un casco de amoto non iría mal! Agora, tampouco vexo que o patrón vaia moi equipado...
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 06.09.2010 00:46 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous