Enviado: 28.10.2010 19:55
Este ano mantemos o lugar do último acto oficial da Federación e da Escola desta tempada: Será de novo no Tamanaco.
A negociación co Tamanaco foi longa xa que queriamos un prezo máis económico, pero entón o menú quedaba cativo e non hai un local máis axeitado na Arousa que este.
Moi importante: día, 20 de novembro; hora, 22:00
O menú estará composto polos seguintes manxares:
PETISCOS: Mexillóns en salsa, empanada, calamares
e langostinos grandes
1º PRATO: Merluza con ensalada
2º PRATO: Cabrito
Viños Ribeiro e tinto-país
SOBREMESA: Tarta xelada
Café, licor-café
TOTAL: 30€
O que si é distinto é a forma de pagamento.
Debido o complicado que resulta cobrar no mesmo momento da cea, este ano optouse polo número de conta que a Escola ten en Caixanova. Só tedes que indicar en concepto: cea e poñe-lo voso nome, así quitámonos un traballo de enriba. O número de conta é:
2080 0039 11 0040004236.
Se sabedes de xente que queira vir e non le o blog, avisádea e informádea.
(Foto do blog de Fasquía)



