Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xullo 2014 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Administrador

Navegando

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 22.03.2012 22:51

O vento desta tarde foi moi cativo, de feito cando voltamos a terra había encalmada, pero inda así o Rei do Mar inflou velas e navegou dende o Cantiño ata o canal da ría.

A velocidade acadada foi de 3.4 nós e algúns patróns queixáronse da falta de vento xa que un barco coma este pide forza, máis cando do que se trata e de ver como traballan as velas e as verghas ( estas inda son de proba ) Pero de todos xeitos a travesía resultou un éxito e puidemos facer moitas fotos dende a planadora Encarnación que guiaba Lino.

E como o movemento do galeón hai que demostralo navegando, tamén temos un vídeo para que vexades o ben que vai.

Premede na imaxe para velo.


http://acddorna.org/blog/upload/vegan_v%EDdeo.JPG
Salva, o próximo día mandamos un escrito a Eolo


No seguinte post poderedes ver un feixe de fotos da navegación desta xornada.
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()
bea
23.03.2012 16:32
é que temos unhas fotografaaaaas. esta é das que che mandei co dropbox? funcionou? aínda está mandando máis
Xocas
23.03.2012 00:26
Que ben o pasades! a ver cando se sae en fin de semana, que con estas imaxes vai haber ostias para embarcar.
Dorna
23.03.2012 00:13
Que chulo a contraluz!
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 29.07.2014 12:41 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous