Enviado: 21.04.2012 20:50
Tarde de sábado en Vilaxoán. Un grupo de xente coincide a iso das 17h para facer un traballo de mantemento e recuperación de varias tipoloxías de embarcacións tradicionais do noso país. Son voluntari@s que adican parte do seu tempo en que a memoria do mar que gardan estes barcos siga viva. E fanno porque cren firmemente en que é un traballo de futuro.
Non están tod@s, están os que foron hoxe, pero somos moit@s máis.
Héctor pintando o Unicornio
Helena dándolle protector ó timón da Peça de Rabo
Javi dando patente á Peça
Juan co pao da xeiteira
Malena coa ghalla da Nova Marina
Manolo no Unicornio
Gran a gran, sábado a sábado ( e venres tamén ) faise posible o que semella un triunfo contra o esquecemento e o abandono.
Ó redor do Unicornio, Manolo, Uxío, Javi e Belén, na proa, Héctor



