Enviado: 28.04.2012 21:46

Como vedes, ainda que dispoñemos dun ring, nunca chegamos ás mans...
O próximo sábado 5 de Maio teremos unha importantísima xuntanza da Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna(repartimos beneficios, he he). Falaremos de todo canto queirades, ademais dos puntos marcados na orde do día.
DATA: 5 de Maio
LUGAR: Escola de Pau
HORA: 18.00 horas.
ORDE do DÍA: Programa de Actividades 2012
Inauguración de tempada, 17 de Maio
Informe sobre o avance de obras no Rei do Mar
Estado de contas
Proposta de financiamento da ENT
Como vedes, son puntos abondo importantes como para emprestarlle unha pisca de atención e facer propostas.
Se asistides podedes opinar, se non, teredes que achantar co que decidamos as persoas presentes e iso é moi moi moi perigoso. Cantas máis esteamos, mellor. E sempre podemos tomarlle algho despois...
NOTA: Avisade a quen só navegue no mar e non na internet.



