Enviado: 06.05.2012 14:14
Onte sábado, no lugar habitual de atraque no Cantiño, estaba o Rei do Mar onde estiveron traballando antes da asemblea da tarde, Salva, os dous Linos e Paco para colocar as luces de situación entre os obenques do pao de popa, tanto a babor como a estribor.
A babor...

Edu fíxonos unha visita
... e a estribor.

Pero había outras novidades xa instaladas: unhas cavilhas para o amarre dos cabos das velas dos paos maior e mesana.

Unha das cavilhas
Ademais, dende comezos da tarde, Lino estivo colocando a mesa e os bancos na bodega do barco.
O bermello que vedes nas imaxes foi o elexido para eles , agora hai que pintar o empanetado e o resto: ollo coa cor que escollemos¡¡

Así de luminosa queda a sala de xuntas

Salva quixo comprobar a altura da mesa
E para rematar vai unha imaxe do tinteiro ou candeeiro de estribor, ou sexa , o que ven sendo a varanda que vai entre a proa e a popa do barco polos dous costados.

Sinxelos e elegantes



