Enviado: 08.05.2012 21:53
Onte nas horas dos xantares e sen apenas preaviso, enterámonos da entrevista que no programa Zig Zag da TVG 2 íanlle facer a Anxo Angueira, o noso Anxo da "Roxiña". O motivo, a botadura do seu novo libro “Iria”, que xa navega polas librarías do país.
Na conversa, que podedes seguir na ligazón da fotografía, Anxo menciona a Escola de Navegación ACDDorna e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para reivindicar o “pouso mariñeiro” que a novela reva. Unha e outra teñen dedicatoria no libro.

Anxo, con Uxío, en plena travesía literaria pola Arousa
(Foto de Maricarmen)
Tamén fala do seu devezo por presentar o libro en Arousa, o vindeiro 17 de Maio, o mesmo día da botadura do Galeón da Escola, “Rei do Mar”, no marco das actividades previstas para o Día das Letras.
Non volo perdades.

As dedicatorias



