Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Crónica da regata do Sepelo

Categoría: regatas
Enviado: 03.06.2012 18:44


Maricarme, enviada especial á Regata do Sepelo, escribíu unha pequena crónica do desenvolvemento da regata. Velaí vai.




http://acddorna.org/blog/upload/Sepelo_rampla.jpg







A saída da regata do Sepelo, celebrada en Portonovo o sábado día 2 de Xuño, comezou uns minutos máis tarde da hora oficial- catro e media da tarde. Xa cando os participantes se dirixían ata a boia de saída, situada preto do porto, empezaba a chuviscar e non había moito vento.


http://acddorna.org/blog/upload/Sep_boia.jpg



Deuse só unha volta, nun triángulo comprendido entre tres boias. A falta de vento e a chuvia desluciron un pouco a regata. Salientar que os que chegaron nos primeiros postos foron xa sempre en cabeza. Participaron vintecatro dornas chegadas dende Arousa, Grove, Bueu, Combarro, Vilanova ...etc e as de Portonovo.



http://acddorna.org/blog/upload/Sepelo_regata2.jpg




Coma sempre o máis emocionante foi a chegada, xa que a marea e o vento facían que as dornas fosen para atrás, cerca da boia de chegada, e aí si que se deron sorpresas, pois moitos dos que ían en cabeza foron adiantados por outros que viñan dende atrás.



http://acddorna.org/blog/upload/Sepelo_regata3.jpg




A Clasificación dos seis primeiros foi a seguinte:

Xarandeira de Arousa. Patroneada por Santi Mougán, que nunca perdeu a primeira posición.
A Rona do Grove. Patroneada por Dani.
Maristela de Vilanova. Patroneada por Claudio
Bazarra de Arousa . Patroneada por Larry
Lara Doce de Vilanova. Patroneada polo señor José
Habana de Portonovo. Patroneada por Anxo, que foi o organizador da regata.



http://acddorna.org/blog/upload/Sepelo_regata4.jpg







http://acddorna.org/blog/upload/Sep_chegada.jpg
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 19.05.2013 11:55 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous