Enviado: 10.06.2012 10:09
Pouco a pouco as dornas van chegando ó Bao. A Mimela e a Rosalía xa levan varadas na praia unha semana, dende a regata do Sepelo.
Recén chegadas dunha rodaxe cinematográfica, tamén retornaron a Estela e a Laranha.
Este venres, aproveitando que non chovía pola tarde, viñeron en remolque terrestre a Zenaida, a Chati e a Javiota.
E, durante esta semana, os patróns colocaron os mortos para as dornas.

Lino guía a Laranha ó punto de fondeo

Salva fixo o mesmo coa Chati
O local da escola ten nova cara: Iñaqui encargouse de pintala por fóra. O interior tamén está arranxado e disposto para a nova tempada

Agora só queda decora-la fachada co logo da escola



