Enviado: 17.06.2012 11:34
Onte, sábado, o Rei do Mar partiu do seu punto de fondeo do Cantiño para dirixirse ó Bao, onde vai estar durante esta tempada. Pero non foi directo, senon que navegou ata o Areoso onde os seus afortunados navegantes puideron disfrutar dunha da paisaxes máis fermosas que se poidan ver.
No Bao, agardaban dúas dornas que puideron contemplar as manobras do galeón para chegar ó morto.
Coa proa enfiando o punto de fondeo, baixan o foque.

Salva no bauprés, encartando a vela
Mentres uns andan no foque, outros encárganse de baixar a mesana.

E de derradeira, a vela maior.

Como hai motor, axudámonos del para aproximarnos ó morto

Fumeghando
Pouquiño a pouco chegan ata o punto de fondeo.

Xa está o galeón na súa residencia de verán. Boas travesías para a nova tempada.

A Chati agardando para levar a xente á praia



