Enviado: 17.06.2012 22:24
Coa finalidade de comunicar temas de xestión c@s soci@s da escola, pensamos que estaría ben que nos facilitedes o voso enderezo electrónico. Desa forma podemos comunicarvos todo aquilo que sexa urxente dun xeito máis áxil e persoal. Por exemplo, o tema dos cartóns de navegantes, que se se enviaran ó correo da escola, poderían ser canalizados para así facilitar o traballo da federación.
Outros temas que tamén estarían millor organizados serían encontros, travesías,...
Xa temos vinte enderezos na axenda, pero quedan moitos máis...
Escribide a: dornarousa@gmail.com



