Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Crónica e imaxes da XXVIII Volta a Arousa

Categoría: Volta a Arousa
Enviado: 24.06.2012 21:05, Editado: 02.07.2012 11:19


Maricarmen, da Zenaida, non participou na Volta a Arousa deste ano, adicouse a sacar unha morea de fotos, que poderedes ver no álbum de Dorna e escribiu as súas impresións sobre o desenvolvemento da regata

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1opraia.jpg




Onte, sábado, 23 de xuño e véspera de San Xoán, celebrouse na illa de Arousa, a regata máis importante do ano. Bo ventiño de suroeste para facer unha volta rápida. Saída coma sempre do Bao entre unha boia e o barco do xuíz, ás catro e dez da tarde.

Participaron nesta edición trinta e oito dornas, máis da metade de Arousa e outras chegadas dende Ribeira, O Grove, Vilanova, Portonovo e unha de Bouzas (Vigo)



http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1osa%EDda.jpg



A regata transcorreu moi rápida xa que o ventiño que facía axudaba bastante. Pasar a punta de Barbafeita foi o máis arduo, sobre todo porque moitas das embarcacións que acompañan ás dornas non se decatan de que, ao acercarse moito a elas, poden desvialas do seu camiño ou co seu ronsel frealas e incluso botalas contra algunha batea como foi o caso deste ano. A estas embarcacións pregámoslle que para o ano, teñan máis precaución e non se acerquen tanto as dornas. Todos imos disfrutar da regata.

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1odornas.jpg





Antes de chegar ao Campelo moitas dornas non foron cara a Canle, pois alí levábaas a marea e tiñan que sortear bateas. Metéronse máis a terra. Estas dornas foron logo as millor clasificadas. Houbo unha loita entre elas polos primeiros postos, pero quen sacou moita vantaxe e ía imparable, era a Nécora seguida logo da Cariñosa, Jalerna, Bazarra e a Xarandeira.

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1o_par.JPG


Máis atrás viñan outro grupo de dornas e, seguíndolle os pasos, todas as demais. O tramo que vai dende a punta do Con dos tres Pés ata o faro do Galiñeiro foi, para algunhas dornas, laborioso, xa que había bastante máis vento e mar ca do outro lado da ría.

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1omarexada.jpg



Viñan nun través longo e, despois, un tramo de empopada pechada, que ao chegar ao faro do Galiñeiro era para navegantes expertos.

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1ocon.jpg




Cando as dornas chegaban ao faro víronse algunhas loitas por conseguir mellores postos, pois o camiño ata a ponte xa era máis relaxado.


http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1oboia.jpg




As dornas pasaron pola pasante e tiñan que chegar fronte a escola de navegación, onde estaba situada a boia de entrada e o barco do xuíz da regata. Entre estes dous tiñan que pasar as dornas.



http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1odornas1.jpg


A primeira en chegar foi a Nécora que bateu un récord , pois fixo a volta máis rápida dos últimos anos: levoulle dúas horas e corenta minutos. Un minuto despois entrou a Jalerna; e logo, a Bazarra, seguida da Cariñosa e da Xarandeira.

Salientar que entre a primeira dorna e a última houbo unha diferenza dunha hora.




Como este ano non hai axudas de ningún tipo, déronse ás dez primeiras dornas un pequeno agasallo e, para todas as demais, un pequeno diploma de recordo. Diploma e agasallo moi ben acollidos polos participantes que souberon valorar o esforzo de Patri, a súa deseñadora.



Logo, coma sempre, houbo unha pequena merenda, onde todos os participantes comentaron as incidencias e os detalles relacionados coa regata.



E velaiquí os gañadores, que recolleron os trofeos das mans de Manuel Vázquez, alcalde da Arousa, e de Fáber, presidente da ACDDorna


http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1o1%BA.jpg
Primeira a Nécora con Braulio e Harry ( este último non puido recoller o trofeo )



http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1o2%BA.jpg
Segunda a Jalerna con Carterola e Ricardo



http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1o3%BA.jpg
Terceira a Bazarra con Edu e Larry


Nun próximo post publicaremos a clasificación completa da regata así como un álbum de fotos do evento
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
25.06.2012 09:59
A volta a Arousa dende o Carallada foi un fermoso espectáculo, tamén fixen unha boa reportaxe gráfica que en breve subirei ao Picassa. Noraboa pola organización!
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 22.05.2013 04:35 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous