Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xuño 2013 »
L M M X V S D
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Administrador

Medidas de seguridade

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 30.06.2012 10:43

Inda que o Rei do Mar sae a navegar, quedan alguns traballos pendentes, traballos que teñen como obxectivo o cumprimento das medidas de seguridade esixidas a un barco destas características.

Este pasado xoves o galeón fixo unha viaxe dende o fondeo do Bao ata o Cantiño para que na rampla deste muelle se lle colocara unha bomba de auga, un dos requisitos que obriga a seguridade.

Alí estaban os traballadores do galeón, onte venres, dispostos para acomodar o dispositivo ó motor do barco.



http://acddorna.org/blog/upload/bombauga1.jpg
Lino, dende a cuberta asesoraba ós que andaban no motor



http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_tres.jpg
Os tres artífices, Lino, Salva e Lino debatindo sobre o tema


As pezas necesarias para a bomba de auga foron meditadas, anotadas e mercadas nos Efectos Navais do Xufre.



http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_lino_apuntes.jpg
Lino collendo apuntes


Esta medida de seguridade está destinada ó baldeo do barco, a achica-la auga da sentina ou dunha, esperemos que improbable, inundación no barco e para "picar" ( achicar ) a auga dalgunha embarcación que o precise


http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_peza.jpg
Esta peza é a que distribúe os distintos cometidos da bomba



Tamén protexëronse as correas do motor cunha malla para evitar accidentes cando haxa que manipulalo.



http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_malla.jpg
Para cercar ó ghaliñeiro




http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_mangueira.jpg
E esta é a mangueira do trinque que se vai instalar





http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_motor.jpg
Ás 20h do venres, este era o aspecto que tiña o motor: a malla cubre as correas e, na parte superior esquerda, a peza na que se vai axustar a bomba

Hoxe sábado ían continuar de mañá para remata-lo choio e así levar ó Rei de Mar para o Bao.
Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()
05.07.2012 16:37
Gracias po-la información.
Non sei se poderei ir... Non pillo unha...
dorna
02.07.2012 21:11
Juan, a próxima regata na Illa será o 4 de agosto: a Regata do Bao. Podes consultar no calendario da páxina culturamaritima.org
30.06.2012 22:14
...e a próxima regata na Illa ¿cando é?
Saudos
Juan.
30.06.2012 21:17
Ola.
¿Cando poñedes as fotos da Volta do pasado sábado 23 Xuño 2.012?
Saudos.
30.06.2012 18:48
que traballo máis curiosiño e mairben feito, carambas!
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 20.06.2013 09:03 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous