Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

TRABALLO E VISITAS NA NAVE DE VILAXOAN

Categoría: asociacións
Enviado: 15.03.2009 18:41

Esta fin de semana, como xa temos anunciado, seguimos coa limpeza e baldeado con auga a presión das dornas. Así quedarán listas para o alquitrenado, os traballos de carpintería e o pintado que, en cada caso, precisen.

http://acddorna.org/blog/upload/P1000054.JPG
Un momento da limpeza das dornas.


Mais tamén recibimos dúas visitas.
O venres achegouse por alí o sr. Recuna, dono da nave onde gardamos as nosas embarcacións, e que tan xenerosamente nola ten cedida.
E o sábado, dous representantes da asociación escocesa GALGAEL, acompañados por Antón Pais da FGCMF, visitaron as instalacións para observar a tipoloxía e características dos nosos barcos.


http://acddorna.org/blog/upload/P1000051.JPG
Os escoceses mostráronse moi interesados pola tipoloxía das nosas embarcacións.



http://acddorna.org/blog/upload/P1000066.JPG
Nun momento da visita os representantes de GALGAEL chegaron a observar unha dorna arbolada.



GALGAEL é un ambicioso proxecto reivindicativo e de tipo social que, entre as súas moitas actividades, está a da carpintería de ribeira para a recuperación e memoria de embarcacións tradicionais escocesas.
A súa sede está en Govan (Glasgow) e a súa web podédela visitar ao través da nosa ligazón que atoparedes ao final da columna esquerda desta páxina.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
Dorna
22.03.2009 14:17
Polo que teño entendido, levan máis de 10 anos traballando en actvidades ao redor do patrimonio cultural escocés con moitas actividades, da que a máis emblematica é a de construcción de embarcacións tradicionais.
Levan feito un feixe delas pero, a verdade, non sei exactamente cantas. Algunhas delas levaban sen construírse 300 anos. Velaí o seu interese por coñecer a tipoloxía de embarcacións tradicionais doutros países coma o noso.
22.03.2009 01:29
Moi interesante o de Galgael... vese nas fotos que lle vai o de bogar.
E comentaron como vai o do Centro de Contrucción de Barcos? Está avanzado o proxecto?
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 24.05.2013 13:02 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous