Enviado: 13.07.2012 18:49
Claudio Ameneiro, socio de Dorna, patrón da dorna Maristela, xubilado da Citröen, residente en Vilanova, inda que naceu no Carril e sobre todo gran navegante, envíanos fotos do proceso que seguiu na reparación do barco Leo, coñecido no mundo da dorna como papa-móbil. El mesmo cóntanolo.
Catro meses de traballo moi satisfactorio, pois foi algo que eu nunca fixera, que tiña ganas de realizar e que non saiu nada mal.
Como podedes ver, desfíxelle a cuberta e baos...

...coloquei barraghanetes máis altos e realcei a cuberta...

...vinte centímetros e xa podedes ver o que saiu.

Cun pouco de ganas e outro pouco de ilusión todo sae.


Nestes momentos estoulle aparellando unha vela de dorna e non vai nada mal.

Como xa vos dixen, unha experiencia moi satisfactoria.



