Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Crónica da XV Regata dos Faros, por MªCarmen Aguín

Categoría: regatas
Enviado: 15.07.2012 10:55

Hoxe sábado día 14 de xullo, celebrouse a Regata dos Faros no Grove aproveitando que están nas festas do Carmen.
Saímos pola mañá da praia do Bao cinco dornas : Bazarra, Forza R, Betty Boop, Zenaida e un pouco máis tarde a Rosalía.



http://acddorna.org/blog/upload/faros_bao.jpg
Saíndo do Bao



Facía un ventiño fresco que presaxiaba choiva e así foi. Cando xa pasaramos a ponte da Arousa veunos chover unha poallada que mollaba e non facía que estiveras cómodo. Cun ventiño de través, logo duns pequenos refachos ao entrar no Grove, a unha menos cuarto xa estabamos alí.


http://acddorna.org/blog/upload/faros_gaita.jpg
Santi anunciando a chegada ó porto do Grove



As catro da tarde e na hora, empezou a regata. Participaron vinteoito dornas. A regata desenrolouse rápido, axudou moito ese ventiño constante con algunhas rachas máis fortes, alá no Faro das Umias.



http://acddorna.org/blog/upload/faros_regata1.jpg



Ao principio as dornas saíron moi rápido e á cabeza púxose a Faísca. Despois de pasar o faro do Bohído, as dornas andaban moi dispersas e non se sabía moi ben quen era a que ía no primeiro posto.


http://acddorna.org/blog/upload/faros_regata2.jpg





Cando as dornas pasaron a boia situada frente a praia de Rons e colleron a empopada, xa tomou a primeira posición a Rona, seguida da Jalerna que hoxe levaba de patrón a Braulio que, como sabedes, patronea sempre a Nécora. Seguíana a Faísca, a Maristela e a Bazarra, logo viña a Fanequeira e a continuación un grupo de dornas que pelexaba por conquerir a sétima, oitava, novena e décima posicións, eran a Petela, a Chunga, a Mimela e a Lara Doce.




http://acddorna.org/blog/upload/faros_regata3.jpg


http://acddorna.org/blog/upload/faros_regata4.jpg


A continuación a Fuxe, a Zenaida , a Betty Boop, a Forza R, a Rosalía e logo outro grupo delas.





Os cinco primeiros postos foron: 1ª Rona, 2ª Jalerna, 3ª Faísca,4ª Bazarra, 5ª Maristela.




http://acddorna.org/blog/upload/faros_1%BA2%BA.jpg
Os da Rona e os da Jalerna, primeiros e segundos




http://acddorna.org/blog/upload/faros3%BA.jpg
A Faísca, terceiros





http://acddorna.org/blog/upload/faros_4%BA.jpg
A Bazarra, cuarta. Lévame, lévame Larry,...




http://acddorna.org/blog/upload/faros_5%BA.jpg
E a Maristela, quinta

Quedaron descalificadas algunhas dornas, entre elas as que viñeron de Ribeira e non chegaron a pasar pola saída.
Ao remate houbo coma sempre un pequeno refrixerio para os participantes e colaboradores e tamén a entrega de trofeos.


No Faro de Vigo fan referencia a esta regata.

Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 20.05.2013 06:28 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous