Enviado: 16.07.2012 18:49
A expedición a Brest partiu en dúas furgonetas coa intención de atravesar medio mundo para presumir de patrimonio marítimo.
A primeira furgoneta saiu antes para descargar os barcos e o material da exposición. Na segunda viaxamos o grupo de Dorna coa idea de chegar a tempo de axudar a montar o stand.
Recorremos toda a costa do Cantábrico e fixemos noite en Burdeos.
Nós saimos de Burdeos cando a xente pelexaba por entrar.
Cumprimos as normas e paramos cada dúas horas (e pico) para o piscolabis.
O difícil é encontrar onde xantar: na Bretaña xa non había tantas áreas de servizo. Pero iso ás veces trae sorpresas agradables.
C'est ne pas de tourisme: perdémonos buscando un bar...
...e puidemos probar as nosas primeiras filloas bretoas.
A verdade é que fomos moi ben recibidas pola Bretaña: por se tiñamos morriña, deu en chover cando nos achegabamos a Brest.
A primeira dúbida: e se pasamos das dornas e imos á ghaiteirada de Lorient?
A poallada non impediu que déramos coa cidade de Brest, pero si fastidiou as fotos das vistas...



