Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Brest: e comezou a festa

Categoría: brest 2012
Enviado: 17.07.2012 17:47

O primeiro día amenceu chuviñoso e morriñento. Pouca vontade daba de facer nada.
Enviamos a Sendi e Eva á outra punta do mundo a pola Javiota, que non puido viaxar o día anterior por poñerse o mar bravo. E fomos agardalos.

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0083.JPG
Entrada triunfal da Javiota no Peirao dos 20 anos.


O noso pantalán foi trasladado de lugar ao completo porque no que temos asignado estaba programada a botadura do barco bretón do ano (unha pasada a frota de embarcacións recuperadas que ten esta xente): o fee de L'aulen

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0088.JPG
Dalí onde saen as grúas nos botaron a nós.

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0089.JPG
Unha chea de xente foi presenciar a botadura.

Na Bretaña aínda quedan moitos barcos pesqueiros en madeira e fasquías tradicionais, polo que son moitos os recuperados para lecer unha vez retirados do traballo.
Xa na primeira mañá, e apalancados no peirao, non dabamos feito para escoller a nosa embarcación preferida.

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0094.JPG
Eu gostei desta.

De súbito,de entre todos os veleiros e paus e mastros, xurdiu como do nada unha outra dorna, que veu veleando desde a nosa Fisterra.

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0095.JPG
A Xaimiña de Lajareu!

No peirán organizamos traballos de mantemento...

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0102.JPG
O patrón dándolle ao mate e o proel a trincar a verga.

Pola tarde tivemos que asistir ao acto oficial do Peirao dos 20 anos. Representantes de todos os países convidados subiron ao escenario a contar as súas impresións do evento. Nós mandamos a Pablo, que para algho aprendeu francés. E el quixo vestirse para a ocasión.

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0136.JPG
Traquilidade! A gaita deixouna no stand.

Por se non o dixemos, o día estaba chuviñoso e morriñento.

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0140.JPG
Os que ousaron sair a navegar

Na presentación oficial, a intervención máis exitosa foi a do representante dos nosos viciños de enfrente , os croatas (en Brest, como vedes, muda o mapamundi).

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0154.JPG
O rapsoda croata recitando en lingua franca.

http://acddorna.org/blog/upload/DSC_0158.JPG
Pablo falando raré.

Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
condaghosto
18.07.2012 21:24
e nom podiades traerme un deses paus?
e que o meu desapareseume da dorna e entre tantos seghuro que nom o fasiam de menos.......
18.07.2012 19:15
Pablo aprendeu a lesión, ala polo 2008 unha norueguesa espetounos: vos como e que vindes vestidos así?
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 19.05.2013 06:06 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous