Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Brest: as barbies

Categoría: brest 2012
Enviado: 27.07.2012 14:11

Dentro da programación da viaxe a Brest, Galiza tiña que participar no acto de inauguración do Village dos 20 anos, como xa vos contamos por aí atrás. Así que decidimos levar as nosas bonequiñas barbie para que as persoas que visitasen a exposición puidesen coñecer algún dos traxes tradicionais galegos.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbies1a.jpg
Barbie Croata e Barbie Parador de Turismo lucindo palmito.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbies1.jpg
Por suposto, as barbies veñen co traxerío completo, incluída a muda.

Para que as Barbies non se sentisen soas e aborrecidas nunhas terras tan afastadas da propia, non dubidamos en traerlles o acompañante, para poderen xogar ás casiñas.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbie_ken.jpg
Barbie Parador de Turismo con Ken cidade de Vigo

Como a nosa é casa rica, levamos todos os complementos que unha boneca pode ter; e claro, unha vez que se levan, como non brincar con eles!

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbies2.jpg
Ken e Barbie en plena acción. Acompáñaos á pandeireta a Nancy deportiva.


Non pensedes que a cousa quedou aí. Porque aínda apareceron máis modelos.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbie_muradana1.jpg
Ana e Noelia, Barbies Muradanas.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbie_muradana2.jpg
Barbie Muradana explicando aos toristas de onde vén.

Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()
Xocas
30.07.2012 09:46
Como non sexa un chandal do carrefur... con esto da crise nin para cirolas hai :-)
bea
27.07.2012 23:39
nancy consentrada para seguir o ritmo anárquico do ghaiteiro!
e sin, desafinou...
27.07.2012 15:39
Noelia moi guapa, coma sempre, poña o que se poña.

Pablo de presencia, ben, pero non nos chega ben o son da gaita e non sabemos se desafinou.

O que se bota de menos é un traxe de jaiteiro tamén para Xocas, que él ten boa pranta para levalo.
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 19.05.2013 00:42 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous