Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Les tonnerres de Brest

Categoría: brest 2012
Enviado: 29.07.2012 22:59

http://acddorna.org/blog/upload/Tonnerres-de-Brest1_cartaz1.jpg
Toda a semana botou esta mulleriña alumeando os peiraos.

Como podedes ver no detalle do cartaz oficial, a Festa Marítima Intenacional de Brest tiña un lema especial, ese que dá título ao post. Literalmente significa "A tronada de Brest", e aí comezan as especulacións.

Resulta que a frase é moi popular en toda a Franza porque era a que utilizaba, sempre que se enfadaba ou sorprendía por algo, o capitán Haddock, ese mariño que tiña tan pouco sentido do humor nas aventuras de Tintín.

http://acddorna.org/blog/upload/haddock-brest1.jpg
Tonnerre de Brest!, versión cabreo

http://acddorna.org/blog/upload/haddock-brest2.jpg
Tonnerre de Brest!, versión alghonuncavisto

O caso é que en Brest non hai máis tronadas que no resto da Bretaña, nin teñen recordo de ningún lóstrego especial. E seique levan anos discutindo, e incluso houbo un par de congresos sobre o tema, sobre a orixe desa frase.

Tres son as versións máis populares, segundo lemos (e quensabe que poñía en realidade porque a tradución do francés é das mendas) no xornal oficial da festa.

Brest é desde hai séculos un punto especialmente sensible da costa francesa, polo que ten castelo, altos muros e canóns desde hai moitos anos. Por tanto, todo o mundo está de acordo en que iso da tronada fai referencia en realidade ao son dos canóns.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_castelo_02.jpg
O castelo continúa a ser propiedade da armada hoxendía.

A primeira versión di que no castelo de Brest soaba o canón cada vez que algún preso fuxía, para avisar aos cazarecompensas de que tiñan que ir traballar. Supónse que os presos eran bretóns, polo que a poboación saudaba con ledicia a nova da fuxida. Deducimos isto porque no artigo aos cazarecompensas non lle adican palabras bonitas, precisamente.

http://acddorna.org/blog/upload/castelo_brest12_1.jpg
Nesta torre apresaban aos bretóns contestatários.

Outra versión di que o son era os dos canóns que había fóra da baía de Brest e que avisaban do acehgamento de barcos inimigos, en especial piratas.
E a última dinos que atronaba a cidade o canón sempre que era apresado un barco inglés, ou como di o artigo, enviados da pérfida Albión.

Grazas á nosa presenza no evento, hoxe podedes deitarvos cun máis amplo abano de coñecementos literarios, históricos e culturais. Ai, se non é por nós...

Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
bea
29.07.2012 23:50
nin me fixeron falta os debuxos de polbos de sendi, nen ir correndo ao google, nin facer xestos raros, nin nada de nada.
bea
29.07.2012 23:15
moi mal me parece que poñas en dúbida os meus coñecementos da lingua das galias.
boa proba din da miña fluidez no stand (sen tatexar nin nada) e na tradución simultánea do artigo de marras.
ai, que mala é a envexa....!
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 20.05.2013 10:52 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous