Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Brest: a vara de portar...

Categoría: brest 2012
Enviado: 30.07.2012 14:31

... ou de como resolver erros.

A ENT Dorna enviou a Brest a xoia da súa frota, a Javiota, que voltaba así a navegar as procelosas (que significará procelosas?) augas que a viron nacer. Para que fose guapa e lucideira foi vestida coa súa vela de gala: unha encarnada relingada en cánamo que lle senta moi ben, hai que admitilo. Só que na mudanza de vela, ficou no Bao a vara de portar. E calquera navega os mares de Brest sen vara!

Os primeiros días aínda nos apañamos, pois o amo da Xaimiña, con toda a súa amabilidade, deixábanos a súa vara cando el non navegaba.

http://acddorna.org/blog/upload/vara_portar_brest12_6.jpg
Escusade a mariñeira e atendede á vela de gala e á vara barbanzoa.

Entretanto foi organzidada a OperaciónVara.

Primeiro fomos ao stand irlandés a pedirlles un pau que tiñan estrado no chan e que semellaba non servirlles para nada no currach que andaban a construir. A utilidade non lla vimos na nosa galega ignorancia, mais seique tiña moita e non nolo podían dar.
Así que pasamos á segunda fase, que foi pedirlle a Pablo que lle pedise a Fulanito que falase con Citranito que... que a ver se os bretóns nos podían facer unha vara na súa carpintaría. E aquí demos coa amabilidade bretoa...

http://acddorna.org/blog/upload/vara_portar_brest12_5.jpg
Non era nesta carpintaría que fixeron a vara, mais de paso vola ensinamos.

Levamos unha vara de portar orixinal e pedimos unha semellante. e por máis que insistiu Sendi (de verdade saberá falar francés?) en que non era preciso torneala, o resultado foi...

http://acddorna.org/blog/upload/vara_portar_brest12_1.jpg
ESTE!

Unha vara ghorda e pequena, xusto como non debe ser! Como para a Jaivota era moi pesada, aínda decidimos que igual valía para a Jatiña, e comezou a OperaciónTrinca.

http://acddorna.org/blog/upload/vara_portar_brest12_2.jpg
Ángeles traballando para o grupo

http://acddorna.org/blog/upload/vara_portar_brest12_3.jpg
A operación requeriu de atención e silencio total.

A verdade é que desde o comezo vimos que a vara non nos servía para vara, pero nos daba moito reparo dicirlles aos carpinteiros que non valía, pois foran moi amables e atentos. Así que Sendi, o neno das redeiras, decidiu acabala para que parecera útil.

http://acddorna.org/blog/upload/vara_portar_brest12_4.jpg
Así até parece que pode funcionar

O caso é que a vara non veu con nós de volta... Cremos que quedou de souvenire na Xaimiña. Pero serviu para facer boas amizades galego-bretoas.
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()
bea
31.07.2012 22:33
a vara non queda algo corta?
bea
31.07.2012 22:33
que apañadiños sodes!
31.07.2012 08:53
a vara ó chegar a riveira sufreu un tratamento de adelgazamento considerable e agora fai ben a súa función, e a outra que trouchen fixo un par de boas escoras para a dorna, !todo ten proveito!
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 20.05.2013 09:25 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous