Enviado: 30.07.2012 15:01
Unha historia de vítimas...
Brest é unha cidade nacida arredor do seu castelo e, sobretodo, do seu arsenal militar. Está tan estratexicamente ben situada no Finistérre, que leva séculos suportando guerras, ataques, batallas e belicosidades nas súas costas.
A cidade foi arrasada II Guerra Mundial, sendo refeita posteriormente. Non ten zona vella é o que hai aparentemente antigo (a igrexa, o castelo) foi parcial ou totalmente reconstruido após a desfeita do ano 45.

O castelo de Brest resisitu ben, pero tamén foi vítima de bombardeos.
Despois da Guerra, Brest confirmouse como a primeira base naval do exército francés, que non é pequeno, precisamente. Media cidade é zona militarizada, á que a poboación civil ten vedado ou limitado o acceso durante todo o ano.

Da ponte da Recouvrance palá, todo militar!

As vistas dos xardíns explican a importancia do lugar
Precisamente, unha das excepcións para esas restriccións é a Festa Marítima. Nos días que dura o evento, boa parte dos xardíns, dos peiraos o mesmo a parte do río Penfell paralá da ponte, son de acceso libre para o público. e moitos bretóns e bretoas aproveitan o evento para visitar os espazos que antes foran civís. Porque para militarizar toda esa zona do río e o castelo, o goberno houbo de expropiar casas e terras e botar xente do seu fogar.
Unha das atraccións da Festa de Brest é o túnel ao Penfell, que abre este días para todo o mundo como xa o facía antes da Guerra.

Penfeld é unha deturpación francesa do bretón Penfell.
Todo isto que vos contamos sabémolo porque Sendi, paseando polos stands, encontrouse cunha parella de vellotes chorando diante do túnel: era a primeira vez desde a guerra que ían pasalo para ver onde estaba a que daquela era a súa casa. E contáronlle por que era que estaban tan emocionados.



