Enviado: 31.07.2012 09:48
E xa van vintecatro...

O próximo sábado, 4 de agosto, a partir das 16h, a única regata do mundo na que a saída faise dende a mallante da praia, onde os tripulantes cargan coa vela e aparellos e deben armar a súa dorna dentro do tempo da regata. O lugar: a praia do Bao.
Velaí unha imaxe da saída do ano pasado:

Foto de Olga Rodríguez
Lembrade que tanto as dornas como os navegantes teñen que ter os seguros correspondentes ó día, ademais de que as embarcacións deben levar as medidas de seguridade precisas para unha regata: remos, risón, flotabilidade e chalecos para os tripulantes
E se queredes facer os cálculos da carreira ata a dorna, esta é a predición da marea para o sábado:
Vilagarcía
Altura e Hora
Baixamar 00:02 0.4
Preamar 06:13 3.7
Baixamar 12:13 0.5
Preamar 18:30 3.9




noraboa á deseñadora