Enviado: 01.08.2012 20:39
Xa está de volta a expedición do Cantábrico e algúns dos seus compoñentes fixeron fotos e un audio coa voz de Víctor, presidente da FGCMF, no que fai un resumo do que foi este evento.
Helena fixo unha composición das fotos de MªCarmen acompañándoa do audio. Premede na imaxe para velo e escoitalo.

As dornas varadas na praia de Poniente
Outra fotógrafa da expedición a Xixón foi María, a moza de Sendi, que nos mostra, premendo na imaxe, un pequeno álbum das xornadas vividas neste encontro.
E como agasallo, mirade e escoitade este "duelo" de barítonos ( Arturo vs Claudio ) na festa do sábado á noite no stand da federación. Documento único, grabado por Helena.



