Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Brest: or-gha-ni-sa-sión!!

Categoría: brest 2012
Enviado: 03.08.2012 14:27

A Festa Marítima de Brest é un evento que acolle milleiros de participantes e máis milleiros de visitantes. Disque o día 14 de xullo, sábado e festa nacional en Franza, foron vendidas máis de cen mil entradas. Disque...

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_1.jpg
Nos días fortes as afluenza de público foi impresionante.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_2.jpg
Organizar máis de mil barcos nos pantaláns non é fácil.

E toda esta maquinaria de xente e barcos estaba tan ben engraxada que funcionou perfectamente os días que alá estivemos. E se algún pormenor fallou, a reacción era rápida e efectiva, sen deixar ir os problemas alén do pequeno imprevisto.

Todo estaba pensado e requetepensado: postos de información en todos os cruzamentos e peiráns, váteres e duchas en proporción ás visitas, servizos de salvamento e atención no mar, control de entrada nos pantaláns... era imposible dar máis de dez pasos sen encontrar algunha persoa relacionada coa organziación para solventar calquera dúbida ou inconveniente.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_5.jpg
O bretón é facile e divertente.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_4.jpg
Sistema de recollida de lixo con separación e reciclaxe.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_6.jpg
No mar sempre había unha zodiac perto para axudar (e mandar sair da rota dos navíos militares, hehehe).

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_9.jpg
Varios postos de primeiros auxilios atendían escordaduras e golpes.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_10.jpg
Os baños eran accesibles e mantíñanse limpos.

Na enorme carpa-comedor xantábamos todos os días milleiros de persoas en dúas horas. Nunca tivemos que agardar nen comer frío!!

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_13.jpg
Xoel presto a gozar do menú-gourmet de Brest.

Todo o circuito de exposición e actividades aguantou impecable toda a semana... algo que non cadraba nas nosas cabeciñas afeitas a porcalladas post-botellón, post-albariño ou post-festa-calquera.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_12.jpg
Entre ir e vir pola cámara desapareceu o papel que ía fotografiar.

Todo isto foi posible grazas á excelente organización do evento, que leva anos de experiencia, rectificación de erros e propostas de mellora. Pero tamén temos claro que un dos papeis máis importantes e menos valorados é o do voluntariado: o labor de todas as persoas vestidas de encarnado que traballaron desinteresadamente para que a maquinaria do reló dese a hora certa.

As persoas voluntarias anotábanse através das asociacións, veciñais, deportivas, culturais, etc., ás que pertencían. Desta maneira a organización do evento doaba a cada entidade 15€ por voluntaria aportada. O voluntariado traballaba en quendas de 5 horas e estaba claramente marcada a súa función.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_11.jpg
No mar, as zódiac non andan soas.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_3.jpg
Estes non sabemos se eran voluntarios, aínda que algo piratas parecen.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_7.jpg
O voluntariado lingüístico ofrecíase para labores de tradución e interpretación.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_8.jpg
As rúas estaban limpas porque alguén recollía o lixo.

E como sempre, o mellor ao final: a equipa de voluntarias e voluntarios galegos que, mal que vos pese, vos representamos en Brest.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_14.jpg
Que sería do nome de Galiza se non é por nós!!
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
bea
06.08.2012 00:16
acabo de dar unha volta polo cambados albariñense e a merda reborda por todos os lados.
en brest, ata propuxémonos atopar algo fóra do seu sitio e foi imposible.
a ver se imos aprendendo.
eu tamén voltaría mañá mesmo, foi unha experiencia, aínda que agotadora, inesquecible.
unha aperta a tod@s os que alí estivemos e disfrutamos
Xocas
04.08.2012 10:52
Pensaba decir algo positivo sobre o grupo, algo medio poetico, pero pensandoo mellor o que quero dicir é que eu volvía mañán, cos mesmos (incluidos algúns que non están na foto porque xa marcharan), sen pensalo un segundo.
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 20.05.2013 11:06 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous