Enviado: 20.08.2012 09:14
O sábado, 18 de agosto, tivo lugar en Ribeira a Regata da Dorna ou do Carme. MªCarme, da Zenaida participou e envía esta crónica. Tamén fixo fotos das tripulacións de Dorna e da entrega de trofeos. Grazas por estar en todo.

Podium para os gañadores
REGATA DA DORNA DE PRATA EN RIBEIRA
Onte sábado día dezaoito de agosto, sobre as once e media da mañá, saíron en remolque desde a Arousa catro dornas: Bazarra, Forza R, Mª Dolores e Zenaida. despois pola tarde viñeron máis dende Arousa, O Grove e Vilanova. As dornas participantes foron vinteseis.
Pola mañán, cando deixamos as dornas, non facía moito vento, pero pola tarde xa había un pouco máis e coma sempre vento refachado no lugar da saída. Este vento fixo pensar a moitas das tripulacións que quizais iria a máis pero a verdade é que non foi así.
Cada tripulación apuntouse e recolleu un papel coas instrucións. A regata estaba para as catro, pero a saída deuse as catro e media. No papel poñía só unha volta, pero resulta que se deron dúas. Moitas das tripulacións das dornas non sabían que se daban dúas voltas e moitos preguntabamonos a onde ían algunhas das dornas que ían diante, pois non o tiñamos claro e resulta que era a segunda volta.
Algunhas das dornas que ían diante acercáronse moito á praia e quedaron sen vento, pero os que íamos polo medio loitando para conquerir mellores posicións: Rabuda ll, Faísca, Lara Doce, Xaimiña e Zenaida fomos os que entramos despois da primeira e da segunda dorna.
Cando rematou a regata, comentamos o das dúas voltas e resulta que algúns si que o sabían, eu podo decir que nós non, e coma nós outros que preguntaban cando pasaban.
Levaron a dorna de prata A.C. Lajareu por Barlovento, felicitámolos, pero no papel só poñía unha volta.

No pañol de Lajareu
Despois da regata houbo coma sempre algo para picar e déronse camisetas para os participantes. Os premios entregáronos as autoridades na praza onde estaba situada a Feira do Mar. Houbo premios ata o quinto clasificado.

Salva, que acadou o segundo posto con Carterola na Jalerna, xunto con Queca na entrega de trofeos

Collendo forzas para a tarde

Parte de expedición de Arousa lucindo as camisetas da regata
E eiquí tedes a clasificación da regata:
que o de comer e beber acabase.


