Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Travesía aonde o mar leve

Categoría: actividades
Enviado: 24.08.2012 16:46

http://acddorna.org/blog/upload/adiantamento_xeiteira.jpg
A ver se facemos um par de adiantamentos coma este...

Vistos os resultados das votacións neste mesmo bló, os comentarios na praia da Canteira e os ruxe-ruxes nas tabernas. Comprobado o wendigurú e a meteoghalisia. Consultados os responsables da Volta Ciclista e da Festa da Ameixa Roxa, a decisión está tomada:

Sábado 25 de Agosto, as 11.30 vémonos no Bao para formar tripulacións e ir de travesía aonde o mar, o vento e as nosas preferencias maioritarias nos leven (non ía ser tan poético).

Lembrade que as embarcacións tradicionais non contan con servizo de restaurante, polo que é ben levar comida e bebida para dar e tomar.

Se alguén ten medo da chuvia, paraguas hai no mundo.

E dade aviso aos navegantes que non surfean polas internés!
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
27.08.2012 20:51
Dou fe de que Peza de Rabo saleu ao mar o sábado pasado. Vina pasar e saludoume cando estaba pescando nas Rodas de Xidoiros. Ten un porte elegante. Daban envidia (sana, por suposto) os que iban navegando nela.
Saludos cordiales. Juan.
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 24.05.2013 02:14 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous