Arousa

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

UNHA RETIRADA A TEMPO É UNHA VICTORIA

Categoría: regatas
Enviado: 28.06.2009 18:33

A tempada de regatas deste ano comezou cunha especial preocupación por garantir a seguridade en todas as carreiras: obriga de ter as embarcacións aseguradas, de levar chalecos salvavidas a bordo, de ter flotabilidade nos barcos. E o día de onte demostrou que todas estas novidades son necesarias. Aínda que resultou frustrante para case todas as tripulacións, a organización veuse na obriga de suspender a XXV Volta á Arousa por causa do vento, que facía perigar a seguridade das persoas participantes.

Comezou a actividade cedo. A edición da Volta à Arousa deste ano era especial: facía 25 anos.

No Bao preparouse unha grande carpa na que o público podía gozar do visionado de películas con imaxe de anteriores voltas e de dúas exposicións. Unha, a dos 30 anos da ACD Dorna.

http://acddorna.org/blog/upload/carpa2.jpg

A segunda, especial para esta edición desta regata: cartaces con todas as dornas vencedoras nos 25 anos de historia da Volta a Arousa.

http://acddorna.org/blog/upload/expo25_3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/expo25_4.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/expo25_5.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/expo25_6.jpg

A medio día comezou a aumentar a actividade. Chegaban tripulacións, dornas, e perto das catro da tarde xa andaban todas no mar a aparellarse. As predicións xa falaban de ventos fortes, pero ninguén quixo desanimarse.

http://acddorna.org/blog/upload/aparellando3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/aparellando4.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/aparellando5.jpg

Ás catro da tarde deuse a saída con respectuosos refachos de vento xa na enseada do Bao. A inscrición foi parella á importancia do evento: 62 dornas tomaron a saída. Chegaron de Ribeira, Cambados, Vilanova, Ogrobe, Portonovo, Cangas e, por suposto, da Arousa.

http://acddorna.org/blog/upload/saida1.jpg
A saída desde o mar.

http://acddorna.org/blog/upload/saida3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/saida6.jpg

Xa camiño da Pasante da Ponte, onde estaba situada a segunda boia, deu problemas o vento. Unha dorna deu volta, tronzaron un par de paus, houbo varios abandonos...

http://acddorna.org/blog/upload/pasante1.jpg

Cando as dornas en cabeza da regata estaban chegando a Carreirón, a organización decidiu suspender a carreira, visto o estado do mar, o aumento da forza do vento e a perigosidade de facer en popada a metade da regata, soprando como sopraba de sur.

E as dornas comezaron a chegar de volta:

http://acddorna.org/blog/upload/suspensom3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/volta4.jpg

Aínda non eran as sete da tarde e xa todas as tripulacións estaban a recoller aparellos e barcos.

http://acddorna.org/blog/upload/recollendo3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/recollendo5.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/final.jpg

Nun ambiente festeiro e animado, a pesar dos contra-tempos, a xente agardaba pola decisión da organización. Finalmente optou por convocar ás persoas participantes para facer o intento outra tarde deste verán e non deixar sen gañador o cartaz da 25 Volta á Arousa.

http://acddorna.org/blog/upload/agardando.jpg
Tripulacións á espera de novas

http://acddorna.org/blog/upload/ambiente1.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/dornas_gente.jpg

O que si tivo bo fin foi a I Volta á Illa en Bici, que chegou na hora prevista, pero sen poder compartir boa parte do recorrido por terra coas dornas no mar.

http://acddorna.org/blog/upload/bicis1.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/bicis4.jpg

Para sacar o mal sabor de boca, acabou o día con petiscos para todo o mundo e agasallo especial para todas as tripulacións: unha insignia comemorativa destes 25 anos.

http://acddorna.org/blog/upload/pinchos.jpg
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
Segundo
30.06.2009 17:54
Tamén foi mala sorte que suspenderan a regata, para unha vez que íamos de segundos
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 31.07.2010 19:32 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous