Enviado: 08.08.2010 19:32
Ter sido adiada e que as previsións foran outra vez de vento forte fixeron que esta edición da Volta a Arousa non fora das máis numerosas dos últimos anos.

A regata dende o Rei do Mar
Porén, 33 dornas inscritas máis outras embarcacións fora de concurso, participaron na XXVI edición desta a nosa senlleira regata.
Todas cos remos, rizóns, seguros regulamentarios. Así o requiren as normas de seguridade aprobadas dende a FGCMF, tal e como nolo comunicou Salvador de xeito moi explícito nunha mensaxe anterior neste blogue. Todas coa vela cun rizo collido como mínimo. Así todas saíron nas mesmas condicións a competir e a gañar. Outra cousa son as condicións de quen as tripulan e patronean e, está claro, algúns teñen máis condicións que outros.

Marro e Bea equipándose na Carme. Ao fondo as dornas xa preparadas
A regata comezou bolinando cara o norte de xeito tranquilo como tranquila foi a empopada que nos levou ata o faro do Galiñeiro. Mais, na bolina cara a ponte, o vento era forte polo que algúns colleron ata tres rizos para atravesala.

As tres primeiras chegando ao Bao
Foi tanto o vento que había na pasante que a organización decidiu que as dornas máis retrasadas non a atravesásemos e terminásemos a regata na praia do Bao (Sur). As máis guiadiñas alá fumos inda que, a verdade, deu un pouco de coraxe ter que acabar a regata por imperativo da organización cando xa ve-la ponte tan preto, mais temos que pensar que non estamos facendo a regata particular de cada un, de cada unha, senón participando nunha regata moi longa e complicada de moita xente e moitas dornas cunha organización que só polo traballo de levala a cabo merece todo o respecto e admiración.

A Carminha, o equipo laranxa
(As fotos son de Inés Piñeiro e Nieves Ozores)
Boe, eiquí tendes a CLASIFICACIÓN FINAL DA XXVI VOLTA A AROUSA:
1ª. JALERNA acd Dorna
2ª. PEREKA acd Dorna
3ª. XARANDEIRA Fasquía
4ª. NÉCORA acd Dorna
5ª. FUXE O Grove
6ª. CARIÑOSA acd Dorna
7ª. MIMELA acd Dorna
8ª. CARACOLA acd Dorna
9ª. PETELA Fasquía
10. BETTY BOO acd Dorna
11ª. PELIJATA
12ª. MONTAÑESA acd Dorna
13ª. FORZA-R acd Dorna
14ª. FAVORITA acd Dorna
15ª. BANDALHA acd Dorna
16ª. ROXIÑA acd Dorna
17ª. ROSALÍA acd Dorna
18ª. MARISTELA Rabandeira
19ª. JAVIOTA acd Dorna
20ª. ESTELA acd Dorna
21ª. CAMELIA Fasquía
22ª. FREIXANA Rabandeira
23ª. SEGUNDA DORITA acd Dorna
24ª. Mª DOLORES Calmoseira
CHATI acd Dorna
CARMINHA acd Dorna
PEDRO MADRUGA
CARME acd Dorna
BAZARRA acd Dorna
NEREA Rabandeira
LABERCA acd Dorna
DELFINA acd Dorna
PENTA MORIOM acd Dorna
E eiquí as fotos de Olga
Noraboa e coraxe a tod@s.
Lembrar que a REGATA DO BAO será o vindeiro Sábado 28 de Agosto ás 16:00 horas. Verémono-las proas (e as popas tamén)




aínda así, tal e como estaba o vento, sigo preferindo a seguridade e ter chegado polos nosos medios.
xa solo por eso, tou contenta.
o ano que vén, damos volta e media, verás.jejeje