Categoría: actividades
Enviado: 15.08.2009 22:11
En Cabo de Cruz, os días 14 e 15, celebrouse a festa da exaltación do mexillón e, por primeira vez, a Mosta Etnográfica Mariñeira.
Como a cultura e a comida lévanse moi ben ( especialmente en Galicia), xunto a carpa de degustación do noso popular e respetadísimo bivalvo, atopábase a carpa dos stands da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e do Museo do Mar de Vigo, a máis doutros. Fora, un feixe de embarcacións tradicionais completaban a Mostra.
Por suposto, alí estaban embarcacións da nosa escola como a dorna "Bandalla" e a buceta "Laraña", e outras que, inda que non son nosas, están ao noso cargo, como o "loro" de Cambados e o bote polveiro de Bueu.
Eiquí vedes algunhas fotos:

Montando a exposición exterior

A "Laraña" e o bote polveiro de Bueu coa vela da nosa escola, acomodándose na exposición.

Como podedes observar as embarcacións non chegan soas aos distintos portos onde son expostas. Gracias a Uxío,que por terra levou a remolque o bote polveiro e o loro de Cambados. Por mar chegou a dorna "Bandalla" , patroneada polo Ruso e a buceta Laranha que manexou Lino pequeno. Na exposición estiveron Salva pequeno*, Sergio, Lino pequeno*, Salvador, Uxío, ademais de membros da directiva da Federación como Braulio e Víctor.
* O de "pequeno* só ten carácter identificativo.