Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Decembro 2011 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

A FGCMF no pleno de Vilagarcía

Categoría: Encontros Carril2011
Enviado: 30.12.2011 09:28

Onte, xoves 29 de decembro, unha representación da FGCMF asistíu ó pleno do concello de Vilagarcía para volver lembrar ó alcalde a obriga de cumplir co pago da débeda que ten cos Encontros de Carril-2011.
No Faro recóllese de forma completa esta nova co titular Fole volve ignorar os encontros.

Como o pleno era de carácter extraordinario, non había punto de preguntas nin de intervencións para poder expoñer a nosa postura, inda que estivemos portando carteis nos que viña escrito " todos cumprimos co encontro menos o concello " e así indicar moi craramente que o concello de Vilagarcía é a única parte do comité organizador que non aportou o que estaba comprometido e que é responsable das consecuencias que este feito vai traer.


http://acddorna.org/blog/upload/pleno1%2029-12-2012.jpg
Imaxe de Salgado que ven no Diario de Arousa


http://acddorna.org/blog/upload/pleno_29-12-2011.jpg
Esta imaxe ven no Faro. Foto de Iñaqui Abella

A representación da FGCMF permaneceu no pleno unhas tres horas. Nun momento deste, cando se estaba a debater o presuposto e os voceiros da oposición falaron na rolda de intervencións, fixeron mención da nosa presencia e instaron ó alcalde a que cumprira co compromiso que tiña co encontro.

Na Voz de Galicia e no Diario de Arousa recollen de xeito moi breve a noticia.

A postura da FGCMF segue a ser firme e a de continuar tomando medidas para que se faga xustiza.



Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Escrito da Federación ó pleno sobre os orzamentos do 2012

Categoría: Encontros Carril2011
Enviado: 28.12.2011 17:41

Mañá, xoves 29 de decembro, vai ter lugar no concello de Vilagarcía o pleno sobre os orzamentos do 2012, a pesar de que a oposición pedía máis tempo para o seu estudo.

A directiva da FGCMF envía para este pleno un escrito no que se volve a solicitar ó goberno municipal a inclusión nestes orzamentos do que debe como parte do comité organizador dos Encontros de Carril-2011.

A estas alturas tod@s sabemos o que está a acontecer, só esperamos que este concello admita e asuma os seus compromisos.

Este é o escrito


http://acddorna.org/blog/upload/plenoVilagarcia450.jpg
Imaxe do primeiro pleno do concello de Vilagarcía en que se leu un escrito da FGCMF pola vía de urxencia, sobre a débeda do concello cos Encontros de Carril. Uns trinta membros da FGCMF acudiron vestindo camisetas da Federación. Foto de Lino Prieto


O pleno comeza ás 17h, e se podedes ir, levade as camisetas da federación da outra vez ou ben algunha que teñades dunha cor similar.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Inclinando o pao do Rei do Mar

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 26.12.2011 22:24

Como xa anunciamos, ó Rei houbo que desviarlle o pao de popa. A causa de tal desviación son as velas: ó ser velas de relinga precísase unha inclinación determinada para a disposición da amura con respecto a vergha. E se queredes explicacións máis técnicas, non tedes máis que falar co veleiro ou con Salva e Lino.


Para facer esta delicada operación, o Rei do Mar estaba atracado no Cantiño.

http://acddorna.org/blog/upload/incli_rei_antes.JPG
Esta era a estampa dos paos antes



http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_medidas.JPG
A desviación estaba xa determinada de antemán. Lino marcando a nova enfogonadura




Nestas estabamos cando apareceu un elemento indispensable: a grúa. Lino, foi quen nola proporcionou.


http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_gr%FAa.JPG
A grúa preparada para retira-lo pao do seu sitio


E comezou a "extracción"...

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_quipao1.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_quipao2.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_quipao3.JPG



Unha vez que a enfogonadura quedou libre, comezaron a soar as máquinas.

Primeiro a motoserra...

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_motoserra.JPG
Para sacar o máis ghordo


Despois o cepillo...

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_cepillo.JPG
Reducindo as partes sobresaíntes


E por último a rebarbadora

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_rebar.JPG
Pulindo ben para deixalo bonito




http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_comaira.JPG
Mentres estaban con estes traballos, chegou outro galeón de Arousa, o Comaira, que atracou abarloado a dous barcos bateeiros.




Cando a enfogonadura estivo lista volveuse a introduci-lo mastro:

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_metepao1.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_metepao2.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_metepao3.JPG



Salva axudou na manobra:

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_salvaenfo.JPG








Unha vez que o pao entrou e que se dispuxeron os cabos que o amarran, o Rei reemprendeu a viaxe de volta á outra banda do Xufre


http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_despois.JPG
Notades a diferenza na inclinación do pao de popa?





Nesta pequena viaxe puidemos admirar a fermosa fasquía do Rei navegando.


http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_navegando1.JPG

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_navegando2.JPG





E na rampa ficou el atracado...

http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_atraque.JPG
Javi axudando na manobra de atraque



http://acddorna.org/blog/upload/incl_pao_muellecarcam%E1ns.JPG
Ó carón do muelle dos Carcamáns
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

DO SOLSTICIO, SATURNIANAS, DE NADAL, ...

Categoría: escola
Enviado: 25.12.2011 12:46

http://acddorna.org/blog/upload/SOLSTICIO.jpg
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 4
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 01.09.2014 09:28 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous