Categoría: Rei do Mar
Enviado: 21.12.2011 21:06
O
Rei do Mar ven de examinarse nestas datas de fin de trimestre.
Despois de moitas probas, de embraghes que non arrancaban, de motores mal axeitados, de remolcadas frustradas, de técnicos incansables e, ás veces, desesperados por non facer avanzar máis rápido un proxecto no que moit@s estamos obstinad@s, de mil traballos que non foron recollidos neste blog ... despois de moitas angueiras, pois, hoxe, 21 de decembro, solsticio de inverno, o galeón tivo que examinarse diante dun enxeñeiro no tema da estabilidade, primeiro gran paso para que navegue conforme ás normas de navegación.
O Rei está no Cantiño pola banda da enseada dos Carcamáns Para poder facer esta proba houbo que facer banda no barco e requeriuse a axuda de bateeir@s que andaban a traballar no
Cantiño, nunha xornada de moita actividade marisqueira.
Grazas pola axuda...
Xente á banda¡¡ O enxeñeiro comproba a estabilidade tendo en conta tamén os metros cadrados de vela e facendo uns cálculos que
Salva vai explicar proximamente e dos que nos vai examinar.
Na consola había uns aparellos que medían a estabilidade e que eran consultados polo noso enxeñeiro
Uxío e Iñaqui falando co técnico Agora só queda esperar o informe de
Capitanía no que dean a proba por superada e na que indiquen o peso do lastre que hai que distribuír no noso galeón.
Mañá, xoves 22, a iso das
15:30, e tamén no
Cantiño, vaise endereitar un dos paos para que vaia paralelo-converxente ( somos así de contradictorios) ó outro. Se podedes ir, alá estaremos...