Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Decembro 2011 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

O concello de Vilagarcía non asume os gastos dos encontros

Categoría: prensa
Enviado: 11.12.2011 11:56


Despois de dilata-lo tempo para dar unha resposta á FGCMF sobre o presuposto que quedou en aportar ós Encontros de Carril-2011 , hoxe no Faro, edición Arousa, ven que o goberno municipal non vai asumir a cantidade que se estipulou como parte do comité organizador. Así mesmo na Voz, edición Arousa, ven reflexada a noticia.

Na mesma nova fálase da presentación dun escrito por parte da directiva da FGCMF no que se van desmontando os febles argumentos que utiliza o alcalde para tomar esta decisión.Este é o escrito.

Mala, moi mala noticia para a navegación tradicional e a cultura marítima.



http://acddorna.org/blog/upload/Pablo_alcal.JPG
O alcalde de Vilagarcía inaugurando os encontros de Carril-2011. Foto de Olga
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Os paus do Rei

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 10.12.2011 14:57

Nooooon, non falamos das sorpresas que ao Juáncar lle dá o Urmangarín, non.
Falamos do noso galeón e os seu dous estupendos mastros.

Que se pode facer ás 9 da mañá, un sábado de Decembro con borrasca e nevadas conxeladas?? Tres opcións:

Durmir
Ir carghar mexillón e ghañar uns cartiños
Ir poñerlle uns paus ao Rei do Mar


E claro, alá foi todo o equipo técnico de Dorna, fóra Bea, a patrona podrén que quedou de levar a cámara, para realizar a moi perigosa operasión.

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_engenheiros.jpg
Os enxeñeiros técnicos traballaban a pé de barco.

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_engenheiros_superiores.jpg
A enxeñaría superior opinaba ao enxoito.

Ao principio os operarios non atendían as recomendacións do público, polo que por máis que probaban, o pau non entraba...

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_primeira_tentativa.jpg
A primeira tentantiva, fallou. A grúa non daba. O pau inchara de máis.

Houbo que sacar o pau, pousalo novamente, buscar lixadora, medir axustando milímetros, para que todo cadrara...
E houbo de vir Lino a demostrar que para algo levou o Premio Maguíver. Trouxo a súa grúa para que deran os cálculos. Aquí si que funcionou a simbiose enxeñeiro-obreira:

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_coordinazom_engenharia.jpg
Un currando; outro no alto coordinando.

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_pau_maior_lixadora1.jpg
E o pau maior entrou...

Tocoulle despois ao pau de popa. Si!, amighas!, o Rei do Mar levará dous paus, aínda que haxa xubilados da Arousa a dicir que nunca tal se veu...

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_pau_popa3.jpg
Subindo o pau "pequeno"

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_pau_popa2.jpg
A consola xa parece menos altar de misa, hehehehe.

O que fan dous pauciños! Agora o galeón parece máis barco!

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_pantalam1.jpg
Visto desde o pantalán.

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_rei1.JPG
O Chufre parecía outro, cun barco da maneira abalroado na súa rampla.

A colocación de hoxe ten carácter provisional, pois é simplemente para que veleiro e enxeñeiro calculen pesos e medidas de estais e lastros.

E, aínda que ao mediodía xa chovía a esmadrasar, alá marchou o galeón cos seus paus do trinque e o seu Perkins botando fume.

http://acddorna.org/blog/upload/arboradura_rei5.JPG
Voltando ao porto base: o Cabodeiro.
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()

Vídeo da actuación do grupo de música de ACDDorna

Categoría: Grupo de música
Enviado: 06.12.2011 11:10

Nesta ligazón veredes algunhas pezas que o grupo de música e baile da ACDDorna interpretou na actuación do pasado sábado no auditorio da Illa de Arousa. Como non podía ser menos a última foi a Muiñeira de Arousa.

O vídeo está sacado do Facebook de Asociación Cultural Dorna e a autoría é de Manuel Dios.


http://acddorna.org/blog/upload/actuaci%F3n%20dorna
Grupo de pandereteiras de Dorna
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Actuación do grupo de música da ACDDorna

Categoría: Grupo de música
Enviado: 01.12.2011 18:07

http://acddorna.org/blog/upload/Actuaci%F3n_dorna_3-12-11.jpg

Este sábado 3 de decembro haberá unha actuación do grupo de música da Asociación Cultural e Deportiva Dorna no auditorio municipal da Illa de Arousa a partir das 21h. A entrada vale 3€.

Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
Seguinte » Última »
4 de 4
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 02.08.2014 04:26 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous