Enviado: 15.08.2010 09:22
O sábado día 12 de Agosto, un grupo de intrépidos navegantes da
ACD Dorna, partimos de Compostela coa intención de cruzar media Europa para chegar a Glasgow. A idea é participar no evento
Sail and Oar que organiza, entre outros, a asociación
Galgael, que nos ten visitado a nós no pasado.
Os membros de Dorna imos en representación da
FGCMF. Que responsabilidade!!

A intrépida expedición con cara de sono en Lavacolla.A primeira grande dúbida era se as equipaxes chegarían con nós. Quen confiaba en Iberia, facturou. Quen non tiña fe, levou unha muda e equipaxe de man.
O presidente paseando a súa maletiña por Heathrow adiante.Despois de navegar todos os ceos de Europa (Santiago-Madrid, Madrid Londón, Londón-Glasgow) e ensinar até os dentes nunha ducia de controis, chegamos ao destino.
No Aeroporto de Glasgow encontrámonos coa expedición basca, procedente de Pasaia.
Outra proba de que as dornas chegan alá onde nós imos.En Glasgow, despois de aloxarnos no hotel, desprazámonos ao barrio de Govan, onde está o local de
Galgael , unha fermosísima e enorme carpintaría de ribeira.
Entrando no local de Galagel.
Alí fomos recibidos cunha festa por parte dos nosos anfitrións. Como fomos os últimos en chegar, só cheiramos o corzo das Highlands que tiñan asado para nós.

De petiscos e conversa.
Cantos escoceses con vestimenta traditional-punk. E por fin, despois de catorce horas de viaxe... fomos durmir!!