Arousa

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

O prometido é débeda

Categoría: Encontros Muros 09
Enviado: 10.08.2009 14:33

Xa que o noso presidente saiu este fin de semana nun xornal de moito empaque falando das dornas e protagonizando fotografías, cremos importante colaborar para que o éxito non se lle suba á cabeza, polo que é o momento de contar a que xa é coñecida como

A Grande Aventura do Taco do Motor

Partimos un día da Arousa a Muros. Tiñamos que levar a Irmandiña, a Xeiteira e a Peça de Rabo por mar, xa que por terra era máis traballoso e menos divertido.
Quedamos no Muelle de Pau ás sete e media da mañá. Mais as previsións de vento non eran favorábeis: até as 12 da mañá parecía que non ía levantarse nin unha airexa e iamos ter dificultades para sair da ría, sobre todo coa Irmandiña, embarcación moi pesada e tan grande que é difícil bogar nela.

Así que, en palabras do insigne presidente, como unha cousa é ser tradicionais e outra cousa é ser parvos, tomamos a decisión de levar un motor para axudarnos del en caso de problemas co vento e as velas. O motor levaríao a Irmandiña que, en caso necesario, remolcaría a Peça de Rabo e a Nova Marina.

http://acddorna.org/blog/upload/nikita_taco.jpg
O motor colocado na Irmandiña con un taco de ferro exclusivo.

Até aí todo moi ben, saimos, si, remolcando a Peça de Rabo até a boca da ría para desamarrarnos e apagar o posteriormente bautizado como Nikita chegados ao carreiro de Sagres.

Mais o que non contamos na tripulación da Irmandiña é co perigo de levar dous patróns a bordo...

http://acddorna.org/blog/upload/xabi_uxio.jpg
Xabi Pena e Uxío patronearon a Irmandiña.

Xa navegabamos levados pola vela. Había algo de mar que escoraba a dorna. "É mellor recoller o motor". Foi recollido. Mais a estrutura que o suxeitaba quedaba moitas veces por debaixo da auga e, como o ferro é un material tan delicado, Uxío propuxo desmontalo tamén. "Déixao estar, aínda pode vir unha encalmada" dicía Xabi.
"Pero mira como desequilibra a dorna", respondía Uxío.
"Que vai desequilibrar! Déixao estar",
"Pois eu penso que é mellor subilo a bordo",
"Mellor non",
"Mellor si",
"Aínda van cair ao mar os tornillos"
"Que van cair, e logho non saberei eu ter conta deles..."
"Fai o que che pete"
"Claro que o fago".

E fíxoo. Pendurouse da dorna para lle chegar ao taco. O barco escoraba. Alá fozou. "Mira, un tornillo!" (con moito retintín). E entregoulle o primeiro parafuso a Xabi.

http://acddorna.org/blog/upload/nikita_tako2.jpg
Uxío tentando retirar o motor.

Seguiu fozando. A dorna seguía a escorar. "Ala, ten, o outro torn...!"


Uxío ergueuse moi dignamente co parafuso na man. Ollounos con cara de neno traste e comunicou a toda a tripulación: "Xa pode haber vento o que resta de viaxe. Foise ao mar o taco do motor!" Porque el esquecera que os parafusos teñen como función suxeitar cousas e que, se retiras os parafusos, deberías ter amarrada a cousa da que teñen conta, por exemplo, un taco de motor. Algo simple, que todo o mundo sabe.

E ficamos sen taco de motor, por unha pequena desavenza entre patróns. Por alá anda aínda, á altura de Sagres, no fondo do mar.

Unha lección aprendeu o noso presidente: agora ponlle cabiños amarradores a absolutamente todo canto vai na dorna.

http://acddorna.org/blog/upload/cabo_cunha.jpg
Até as cuñas de madeira levan chicotes.





Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Naus de pau e velas

Categoría: Encontros Muros 09
Enviado: 29.07.2009 16:37

Suso de Toro publica no seu blog un artigo de opinión sobre os Encontros de Muros e as xentes que andan no mundo da Navegación Tradicional

http://acddorna.org/blog/upload/drisas1.jpg
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

De popa (a Muros) e proa (a Arousa) II

Categoría: Encontros Muros 09
Enviado: 25.07.2009 17:39

De Muros faltaba por voltar a Xeiteira. Alá quedou agardando que a foramos buscar. E fomos o venres 17, aproveitando as festas na Arousa.
O mar nunca é o mesmo. E esta travesía foi totalmente diferente á da semana anterior. Muda o tempo, o sol, o vento, a auga... Desta vez, co vento de favor, batimos a marca de rapidez: saimos de Muros ás 9.27 da mañá e chegamos ao Bao ás 15.12. Cronometrado.

http://acddorna.org/blog/upload/tripulazom.jpg

Parte da tripulación da Nova Marina.

http://acddorna.org/blog/upload/marro_louro.jpg

Tripulanta e Monte Louro ao fondo.

Ao sairmos do abrigo de Monte Louro, descubrimos a forza do mar e o vento de favor. A xeiteira ía rápida, pero había que levar a caña con firmeza.

http://acddorna.org/blog/upload/mar1.jpg

Araceli foi a cañeira maior da travesía.

http://acddorna.org/blog/upload/mar2.jpg

A xeiteira planeando cara as Basoñas.

Tivemos que sair moito por fora, porque non se distinguían ben os cons e baixíos. O mar floreaba por toda a parte. A costa aparecía e desaparecía do horizonte.

http://acddorna.org/blog/upload/basonhas_mar.jpg

Algures están as Basoñas.

Como o mar mexía moito a embarcación e estabamos a navegar nunha empopada, optamos, para irmos con máis tranquilidade (sobraba o tempo), colocar a vela á cruz á altura de Corrubedo.

http://acddorna.org/blog/upload/vela_cruz1.jpg

Os patróns baixando a vela.

http://acddorna.org/blog/upload/2vela_cruz.jpg

Mónica soltando drisas.

http://acddorna.org/blog/upload/vela_cruz3.jpg

Amarrando o puño de amura nunha cornamusa.

http://acddorna.org/blog/upload/vela_cruz4.jpg

A ostaga colocada no medio da verga.

http://acddorna.org/blog/upload/amura.jpg

Puño de amura en estribor

http://acddorna.org/blog/upload/vela_cruz5.jpg

Vela a vikinguear.

A viaxe despois foi menos bamboleante. Chegando a Sagres había dúas posibilidades: pasar polo carreiro ou entrar na ría por fóra. Despois de varias dúbidas a opción foi a tradicional: irmos polo carreiro. Mais, para iso, voltamos colocar a vela relingada.

http://acddorna.org/blog/upload/sagres2.jpg

O paso por Sagres foi vertixinoso...

http://acddorna.org/blog/upload/sagres1.jpg

...a pesar de levar un rizo collido.

Na ría menos mar pero o mesmo vento. Directos cara a Arousa.

http://acddorna.org/blog/upload/banda2.jpg

Menuda banda!

http://acddorna.org/blog/upload/merenda.jpg

Nas travesías sempre hai tempo para unha merenda.

http://acddorna.org/blog/upload/rua.jpg

Desta vez pasamos Rúa pola parte de terra.

http://acddorna.org/blog/upload/bateas.jpg

E xa na Arousa, navegamos entre bateas.

http://acddorna.org/blog/upload/bao.jpg

Só no Bao bogamos para levar a xeiteira ao seu morto.

E chegamos. E ninguén agardaba por nós porque era festa e a viaxe sorprendentemente rápida.

Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Os nomes do mar

Categoría: Encontros Muros 09
Enviado: 15.07.2009 23:33

O patrimonio marítimo non é só material: madeiras, tipoloxías, clases de embarcacións. É dándolle uso ás dornas que damos con toda a riqueza dese outro patrimonio, o inmaterial, que moitas veces esquecemos que existe. De Muros á Arousa tivemos que andar un camiño que antes foi navegado por centos de mariñeiros que puxeron nomes a cada un dos cons que encontraron no mar, nomes que marcaban unha rota e indicaban puntos a evitar ou a seguir...

Aí van algúns. Axudade a acrecentar a listaxe...

http://acddorna.org/blog/upload/louro.jpg

O monte Louro cos baixos de Meixide.


http://acddorna.org/blog/upload/baronha.jpg

O castro de Baroña visto desde o mar.


http://acddorna.org/blog/upload/basonhas1.jpg

Pasamos por fora das Basoñas para evitar baixíos.

http://acddorna.org/blog/upload/basonhas3.jpg

As Basoñas ficaron atrás.

http://acddorna.org/blog/upload/ponta_corrubedo2.jpg

A ponta de Corrubedo na proa.

http://acddorna.org/blog/upload/ponta_corrubedo4.jpg

Pasando os faros de Corrubedo

http://acddorna.org/blog/upload/serraduras3.jpg

As dunas de Corrubedo e un polígono industrial rompendo a liña da paisaxe.

http://acddorna.org/blog/upload/aguinho4.jpg

Os baixíos de Aguiño. O con do centro é o Aguiuncho

http://acddorna.org/blog/upload/pragueiros.jpg

Na zona de Aguiño muitos cons, como os Pragueiros...

http://acddorna.org/blog/upload/canteiros.jpg

...ou os Canteiros.

http://acddorna.org/blog/upload/sagres5.jpg

Sagres impresiona.

http://acddorna.org/blog/upload/sagres7.jpg

É como unha catedral no medio do mar.

http://acddorna.org/blog/upload/sagres9.jpg

Para pasar Sagres hai un carreiro...

http://acddorna.org/blog/upload/laje_sagres2.jpg

... que pasa entre laxes perigosas.


http://acddorna.org/blog/upload/noro_bionta.jpg

Noro e Bionta son os seguintes illotes...

http://acddorna.org/blog/upload/sargo.jpg

...seguidos do Sargo.

http://acddorna.org/blog/upload/rua5.jpg

E antes de chegar ao Areoso aínda hai que pasar Rúa.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 3
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 31.07.2010 19:32 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous