Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

A VELA A CRUZ DA IRMANDIÑA

Categoría: embarcacións
Enviado: 09.08.2010 23:38

http://acddorna.org/blog/upload/Vela%20a%20cruz%20na%20Irmandi%F1a.JPG

Como xa vos prometimos noutra mensaxe temos fotos da Irmandiña coa vela a cruz naquela audaz travesía a Vilaxoán. As fotos tíñaas a nosa Bea e por fin arriounas para nolas mostrar neste álbum do Picasa da escola. Alí poderedes admirar outros álbums da mesma autora noutras travesías dorneiras (A ligazón téndela a popa polo costado de babor desta páxina).
Se non o vivístedes no momento, disfrutádeo agora.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Carpintaría de ribeira

Categoría: embarcacións
Enviado: 13.07.2010 22:11

No Bao hai actividades para todos os gustos. Unhas navegamos, outros dan clases, outros triangulan e triangulan para practicar...

...E outros poñen a punto embarcacións para que todos e todas as gocemos. Hoxe tocou preparar unha verga nova para a Irmandiña. Non é que a outra estivera mala (que lle pregunten aos de Lira...), senón que temos vela nova para a dorna máis grande.

A mesa de traballo encheuse de taladros, serras caladoras, cepillos, cables, xente, e nese revoltallo, foi saindo a cousa. De verdade que foi saindo!

http://acddorna.org/blog/upload/ximelgha_nova_irmandinha1.jpg

Cepillando a ximelgha para que encaixe na vergha.

O das gafas de sol non é chulería de machotes: é para evitar serraduras nos ollos. Cumpridores que somos coas normas de seguridade laboral.

http://acddorna.org/blog/upload/ximelgha_nova_irmandinha2.jpg

Ultimando as entallas.

http://acddorna.org/blog/upload/ximelgha_nova_irmandinha3.jpg

Tomando medidas.

http://acddorna.org/blog/upload/ximelgha_nova_irmandinha4.jpg

A vergha é un pau de dorna reutilizado: aforradoriños!

Como podedes comprobar, non invadimos o carril-bici. Realmente somos uns mixiricas: ese carriliño non incomoda nada o traballo da ENT Dorna. Se estamos como queremos...
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Staffan Morling e as dornas

Categoría: embarcacións
Enviado: 13.07.2010 21:33

No blogue de Manolo Gago, Capítulo Cero, podemos ver un vídeo que recolle unha entrevista a Staffan Morling. Nela podemos escoitalo a falar da outra illa, Ons, e da navegación a dorna; as súas palabras están combinadas con imaxes de Ons dos anos '70, época na que el chegou alá para estudar a cultura da illa. Aparece o seu sogro aparellando e mostrando como é a navegación a vela.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_aldan_ons_atracando.jpg
Nós seguimos a visitar Ons coas nosas embarcacións.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Novas embarcacións: a María.

Categoría: embarcacións
Enviado: 08.07.2010 17:41

Hai case dous anos, cando participamos na primeira Regata de Porto Meloxo, Uxío divisou semisoterrada como un tesouro, unha embarcación que chamou a súa atención de caza-barcos-raros. Uns meses despois, tras difíciles negociacións levadas a fin con grande discreción, chegou a Vilaxoán a Mari, que para nós pasou a ser María.

http://acddorna.org/blog/upload/dorninha_tope2.JPG

A Mari recén desentarrada en Porto Meloxo.

http://acddorna.org/blog/upload/dorninha_tope1.jpg

A Mari, coa pintura a medio rascar, xa en Vilaxoán.

Case pasaron dous anos. Con calma e tranquilidade, co traballo de Juan Servando nos seus tempos libres, coa axuda de unhas e outros, A María veu para o Bao este verán a lucir a súa estapa, que a fai diferente ao resto das dornas:

http://acddorna.org/blog/upload/maria_dorninha_tope2.JPG

Tocando a auga por vez primeira despois da recuperación.

Que ten de especial a María? Ademais de ser de menor tamaño que as outras dornas, a súa fasquía faise diferente porque non é de escarva, mais de tope. É a nosa dorniña de tope, e non sabemos se algunha outra entidade conserva outra do mesmo tipo (facedénolo saber, se é o caso).

http://acddorna.org/blog/upload/maria_dorninha_tope.jpg

Aquí vese ben a fasquía singular da María.


DATOS DA EMBARCACIÓN
NOME: María
TIPO: dorna de tope
ESLORA: 3.85 metros
MANGA: 1.61 metros
ORIXE: Porto Meloxo, Ogrobe
PROPIETARIA: ENT Dorna, dede Xaneiro 2009.

Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 3
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.09.2010 10:20 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous