Categoría: actividades
Enviado: 23.05.2010 17:42
No
Día das Letras non só botamos abaixo a Roxiña...
Despois da botadura, trasladámonos ao Multiusos da Arousa, onde conmemoramos o Día das Letras cunha festa:
- Actuou o grupo de
Baile da ACD Dorna- Fixo unha exhibición o
Clube de Ximnásia Rítmica da Arousa, gañador neste ano do
III Premio Castelao.
- Recitou, coa emoción dentro pola botadura previa,
Anxo Angueira, poemas de Novoneyra, Rosalía e del mesmo.
- Foron entregados os premios de narracións das
Letras.
- Houbo posto de venda de libro galego por parte da
Libraría Castelao...e houbo petiscos de empanada para fechar a mañá.
Día completo!!!
O grupo ACD Dorna abriu as actuacións con temas instrumentais.
Anxo non dubidou en saltar, bailar e ouvear para facernos chegar a maxia da poesía.
As saias ocupaban todo o escenario durante os bailes.
As ximnastas fixeron acrobacias apesar do pouco espazo escénico.